FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Comunicado de prensa
En solidariedade con Nicanor Alonso, inxustamente xulgado na
Coruña este martes día 13 de outubro por defender os dereitos dunha muller
anciá- Aurelia Rey- á que expulsaban da súa casa e pretendían deixar na rúa.
O
Foro Galego de Inmigración
conformado por asociacións de migrantes, entidades e colectivos sociais,
sindicatos e grupos políticos, e persoas a nivel individual, que ten como
obxectivo fundamental a defensa dos dereitos das persoas migrantes en Galicia, quere amosar neste Comunicado a súa
solidariedade co noso compañeiro Nicanor Alonso, defensor destacado dos
dereitos das persoas migrantes na cidade de A Coruña e no conxunto de Galicia,
que vai ser xulgado este martes día 13 de outubro por defender os dereitos dunha
muller anciá á que expulsaban da súa casa e pretendían deixar na rúa.
Ao tempo denunciar a fonda inxustiza que se comete neste
Acto e noutros similares que pretenden criminalizar a resposta social
revindicativa de dereitos básicos, e convocar ao conxunto da cidadanía a unha rebelión masiva, contundente e
pacífica fronte a este tipo de feitos.
“Consideramos
intolerabel que se xulge ao noso compañeiro, destacado e coñecido activista
social, que neste caso como en tantos outros, empregou a palabra, a través do
seu megafono, para defender dereitos
básicos, como unha vivenda digna, para unha muller moi maior á que se pretendía
expulsar de forma violenta da súa vivenda, nun dos episodios máis lamentables
da recente actuación da Subdelegación de Goberno de A Coruña e do propio
goberno municipal do Partido Popular. Recordamos que mesmos profesionais, como
os bombeiros, negáronse a participar neste atropelo. Eses feitos que deberon
supoñer a destitución inmediata de diversos responsable políticos e policiais,
acaban provocando responsabilidades administrativas – con importantes multas
coas que pretenden amedrentarnos-, entre outros, para o noso exemplar
compañeiro.
O Foro Galego de
Inmigración súmase a convocatoria de Stop Desafiuzamentos e doutras
organizacións e colectivos sociais en apoio do noso compañeiro Nicanor Alonso.
Queremos convocar ao conxunto cidadanía
para que participe neste Acto de Apoio a este cidadán exemplar, republicano de
honra, que non fixo máis que defender coa palabra os dereitos dunha persoa á
que se quería violentar de forma intolerable.”
PARA
MÁIS INFORMACIÓN:
Miguel
Fernández (662-307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo. es - 981-576 142
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.