Asociación Cultural Fuco Buxán

Falecemento de Luis Matalobos


A Asociación Cultural Fuco Buxán lamenta comunicar o falecemento do seu socio, amigo e compañeiro Luís Matalobos Sobrado. Luís faleceu o pasado venres, tras unha longa enfermidade que levou ate o final con entereza e exemplaridade, e polo seu expreso desexo non se comunicou con anterioridade.

Antigo militante do PCG e despóis do PSOE, estivo presente en todas as causas sociais, tomando parte activa, estes derradeiros anos, en diversas Plataformas e Movimentos Cidadáns: Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, Plataforma Stop Desafiuzamentos Ferrolterra, Encontro Social de Ferrolterra, Plataforma Defensa da Sanidade Pública, Marchas da Dignidade.

Mantivo o seu compromiso e actividade ate os últimos días, e pedíunos “que continuáramos na loita” e nos, as súas compañeiras e compañeiros lle aseguramos:

 Co teu exemplo na lembranza, Luís, a loita continua!
Para o seu fillo e irmáns, familia e amigos o noso sentimento e solidariedade.

ÁLBUM FOTOGRÁFICO (como sinxela homenaxe)

A+ | a-

Séguenos no Twitter