Saltar ao contido principal

A A. C. Fuco Buxán, rexeita a moción contra O Galego do partido político Ciudadanos Ferrol.


A nosa Asociación Cultural Fuco Buxán, integrada na Plataforma Queremos Galego, na Mesa Pola Normalización Lingüística, vese na obriga de difundir un comunicado REXEITANDO de maneira taxante a moción do partido "Ciudadanos" en Ferrol pedindo DEROGAR a ordenanza de Normalización Lingüística, que entre outras cuestións, acorda que coma lingua propia de Galicia O Galego é o idioma oficial do Concello de Ferrol. Unha moción, que alimenta o Autoodio e a Galegofobia, pretendendo, o partido político "Ciudadanos", gañar protagonismo alimentando polémicas e reabrindo novas guerras lingüísticas.

Ante isto, e tendo en conta, todos os ataques que está a recibir nos últimos anos a nosa lingua galega apuntamos uns datos de total interese que demostran o desleixo que está a sufrir:

Para empezar, non se pode opinar sobre o caso sen ler a Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, que poderán atopar en https://www.ferrol.es/arquivos/documentos/normativa/normalizacion_linguistica.pdf. O que especifica é que internamente, para a relación con empresas radicadas en Galicia, e por defecto, empregará a lingua galega. A pesar diso, nela garántese por completo o dereito dos cidadáns de Ferrol a ser atendidos en calquera das linguas oficiais, en virtude de artigos coma o 1.3, que reza “Os cidadáns e as cidadás teñen dereito a ser atendidos/ as e obter copia ou recibir notificacións da documentación municipal no idioma oficial da súa elección”.

No referente á igualdade ou imposición: a nivel educativo, non existe unha paridade en canto ó uso das dúas linguas oficiais, polo tanto, O Galego parte dunha situación de desigualdade. De feito, ultimamente, O Galego, estaba a ser atenazado neste eido por colectivos que clamaban o dereito de decidir en qué idioma tiñan que ser educados os seus fillos, cando a idea debería ser a da non imposición -nin polo estado, nin polos proxenitores- senón un equilibrio, usando, polo menos ambas por igual.

Respecto ao trato do español, a verdade é que no Concello de Ferrol non debería ter queixa. En canto a uso, segundo datos do IGE de 2013, so o 36% dos ferroláns se declaran usuarios habituais do galego, o 11% o usaría de forma exclusiva. Mentres que un 23% se declara monolingüe en español. Polo tanto, a nivel inmersivo, unha persoa ten o dobre de posibilidades de non falar nunca galego no entorno familiar -que é o lugar de maior influencia para un individuo, sobre todo na súa fase de desenrolo- que de non falar español. En canto a titulares periodísticos, ainda que isto xa a nivel autonómico, os que máis abundan en materia discriminatoria son aqueles nos que se discrimina a galegofalantes.

En fin, verán vostedes que tanto a ordenanza e a administración local, coma a cidadanía de Ferrol, distan moito de ser uns integristas galegofalantes. Para nós, a posición de "Ciudadanos", non pasa de ser máis que unha pose política que avoga por un "Fascismo Cultural e Lingüistico" en detrimento da riqueza que supón a variedade existente no territorio estatal.
Os datos, aparte da ordenanza foron tomados das seguintes fontes:

=======================================================================

Ciudadanos quiere derogar parte de la ordenanza de Normalización

Ciudadanos ha abierto la guerra lingüística en el Concello de Ferrol, donde hasta ahora había habido unanimidad en cuanto a la ordenanza de Normalización Lingüística, que rige desde junio de 1997 y que, más allá de que los distintos gobiernos la cumplan en mayor o menor medida, nunca se había puesto en cuestión. Ahora lo hace el grupo que representa Ana Rodríguez Masafret con una moción en la que quiere derogar varios artículos que, a su entender, son ilegales.

El primero que quieren suprimir es el 1.1, que dice que el gallego, “como lengua propia de Galicia, es el idioma oficial del Concello de Ferrol”. También afecta su moción al 1.2, en el que se contempla que “las actuaciones administrativas realizadas en gallego en territorio municipal tendrán plena validez y eficacia”. Los requerimientos a contratistas y proveedores de que presenten la documentación en gallego, las comunicaciones a otras instancias del Estado en esta lengua o la valoración del conocimiento de este idioma en la selección de personal tampoco gustan a Ciudadanos, que además quiere eliminar el artículo que da postestad a la apertura de expedientes sancionadores por el incumplimiento de la ordenanza.

Al mismo tiempo, C’s explica en su moción que quiere “que el gallego se normalice y avance su uso en diferentes ámbitos de la vida de Galicia”.
Falta por ver si la propuesta de Ciudadanos encontrará algún eco en el arco municipal en la sesión plenaria de la próxima semana. No lo hará, desde luego, en el BNG, que ayer mostraba su “rotundo rexeitamento” a una iniciativa que vinculan con posicionamientos como los de la asociación Galicia Bilingüe, que “se inventan unha suposta discriminación do español en Galicia cando a situación é totalmente a contraria”, explicaba ayer Eva Espiñeira, concejala de la formación nacionalista. “O que se pretende é converter á vítima en verdugo”, añadía. Dice Espiñeira que Ciudadanos vive “nunha realidade paralela e inventada” cuando la situación actual del idioma propio “é cada vez máis dramática e os datos mostran que medran as persoas monolingües en castelán”. Además dio la cifra de que “unicamente o 13% dos nenos teñen o galego como lingua habitual”.

También criticó la concejala del BNG la política educativa del Partido Popular en este ámbito, “que non respecta a diversidade lingüística” y que hace que “de-sapareza a lingua galega do sistema educativo”. Además, pidió que se garanticen los derechos de los gallegohablantes también en un marco legal “discriminatorio” por el cual “temos a obriga de coñecer o castelán pero non o galego”. Afirma que en Galicia, “non se garanten os dereitos das persoas que falan en galego” y que Ciudadanos “non asume nin entende o proceso de normalización lingüística”.

 ========================================================================

O BNG rexeita unha moción de Ciudadanos que propón derogar puntos da ordenanza de Normalización  

O grupo municial do BNG no Concello de Ferrol amosou este venres o seu «profundo rexeitamento» a unha moción de Ciudadanos na que se pide «la adopción de medidas oportunas para reestablecer la situación de legalidad vulnerada» pola aprobación da ordenanza de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol. 
Para Eva Espiñera, concelleira do Bloque, «se está a convertir á vítima en vergudo», xa que segundo explicou, esta moción quere derogar unha «suposta e falsa imposición do galego» na administración local. Para a nacionalista, Ciudadanos «non asume, nin entende» a Normalización Lingüística e ao falar de imposición baséase «nunha realidade paralela inventada».
O texto de C’s recolle unha sentenza do ano 2006 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que declaraba ilegais varios artigos da ordenanza do Concello de As Pontes, «idéntica», á de Ferrol, según indican na moción. Así, piden a derogación dos seis artigos co obxectivo de «garantizar la igualdad de derechos lingüísticos de todos los ciudadanos en sus relaciones con el Concello». 
Tamén criticou Espiñeira que con esta moción Ciudadanos pretende «recortar aínda máis» os poucos dereitos da ligua galega e cualifica de «desconcertante» que o grupo pida ao mesmo tempo «eliminar dereitos» e «fomentar o seu uso», xa que no texto afirman que «Ciudadanos está a favor de que el gallego se normalice y avance su su en diferentes ámbitos de la vida de Galicia».

Programa da Concellería de Normalización

Desde o BNG tamén criticaron o programa presentado nas últimas semanas pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol porque consideran que se trata dunha «programación aparente» que só desenvolve os programadas impulsados pola Xunta de Galicia e «xa se viña desenvolvendo no goberno do PP», argumentou Eva Espiñeira. 


Considera Espiñeira que «non constitúe o cambio que Ferrol precisa» nesta materia e indicou que a programación é unha «decepción» porque a maioría dos actos son continuístas. Neste senso, pediu que se cumpra o compromiso de desenvolver o Plan Xeral de Normalización Lingüística e advertiu que «os pasos que se dan son insuficientes» neste área. 

Así, instou ao concelleiro do departamento, Álvaro Montes, a iniciar a revisión da nomenglatura das rúas da cidade e a poner en marcha novas campañas de uso do galego na hostalería e o comercio da cidade. Ademais, Espiñeira censurou as declaracións do edil nas que aseguraba que «non hai que politizar» a lingua e dixo que «esperamos que recapacite». 

Fonte: http://www.ferrol360.es/o-bng-rechaza-unha-mocion-de-ciudadanos-que-propon-derogar-puntos-da-ordenanza-de-normalizacion/

=====================================================================
Suárez afea la «posición fóra de lugar» de Ciudadanos sobre el uso del gallego en Ferrol
RAÚL SALGADO | @raulsalgado | Ferrol | Lunes 26 octubre 2015 | 12:58
El alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, ha expresado este lunes la posición «claramente contraria» del gobierno local ante la moción que Ciudadanos lleva al pleno del jueves sobre la ordenanza municipal de normalización lingüística. En rueda de prensa tras la Junta de Gobierno Local, ha considerado que no «ha lugar» a iniciativas de este corte.

Ha recordado el regidor que el texto se aprobó en su día «por unanimidade» y que la lengua gallega merece «discriminación positiva» ante su uso en la ciudad, «baixo ou moi baixo». Aboga por «potenciala» y sostiene que «benvido sexa» cualquier intento en ese ámbito. «Non entendemos esta posición fóra de lugar», ha finalizado.

Previamente, la portavoz del PP, Martina Aneiros, ha evitado posicionarse a este respecto. «No conozco en profundidad la moción», ha señalado en rueda de prensa, limitándose a indicar que se debatirá el jueves en sesión plenaria y que será entonces cuando su formación exponga los argumentos frente a la sugerencia de Ciudadanos.

Fonte:  http://www.ferrol360.es/suarez-afea-la-posicion-fora-de-lugar-de-ciudadanos-sobre-el-uso-del-gallego-en-ferrol/

======================================================================

Prolingua denuncia a Xunta polo «esmorecemento» do sector cultural do país. Así, nun comunicado lembra que hai doce anos este sector ocupaba o cuarto posto no PIB galego. Así o recolle o portal Galicia Confidencial. «Os gobernantes da actual Xunta escolleron que sectores produtivos impulsarían e cales deixarían esmorecer. Nun contexto de desemprego e de emigración, a posibilidade de que se arruínen ou saian adiante proxectos científicos, artísticos ou xornalísticos -eses que máis dependen, sobre todo no inicio, dos fondos públicos- non é aleatoria», apunta nun comunicado.
Neste sentido, destaca que só no 2014 os grandes grupos xornalísticos recibiron axuda oficial por valor de 1.675.000 € en concepto de “uso da lingua galega”. «O feito de que estea en castelán o 94% da información dos xornais que reciben tales sumas podería insinuar que o 6% restante -cada páxina publicada no idioma propio de Galicia- vale o seu peso en ouro», indica. No entanto, os medios escritos integramente en galego recibiron menos de 182.000 € polos seus centos de páxinas redactadas e publicadas no idioma do país.

«Cando se trata de subvencionar do modo encuberto -mediante a inserción de publicidade institucional- os datos máis recentes van na mesma liña: 2.500.000 euros procedentes do FEDER destínanse aos mesmos grandes da comunicación que reciben diñeiro pola promoción (?) da lingua propia de Galicia. Mentres, medios dixitais de referencia, algúns ben coñecidos pola súa pluralidade, pola atención aos contidos nacionais e pola actitude crítica, quedan fóra de toda axuda da Xunta», engade. Algo similar está ocorrendo neste período electoral con partidas publicitarias (600.000 e 300.000 euros), tal e como denunciou GC, procedentes de diversas consellerías.
«A Xunta pulverizou en seis anos todos os rexistros de destrución da pluralidade informativa: prensa nacional e prensa comarcal, revistas, cabeceiras dixitais; de xeito simultáneo, as que lideran o asentimento ao Partido no poder engordan unha temporada tras outra», destaca neste comunicado no que tamén critica que publicacións como Grial, A Trabe de Ouro ou Luzes non teñan ningún tipo de axuda.

Neste sentido, destaca as pequenas iniciativas empresariais en galego no ámbito comunicativo. «Se alguén sabe de vontade de supervivencia á marxe do público, de fe en pequenas iniciativas empresariais, de resistencia en precario, son as persoas que en Galicia se comprometen co dereito á información e ao coñecemento libres», suliña.

Por iso, critica que se usurpen os fondos destinados á promoción da lingua «non só coa finalidade de subvencionar as publicacións en castelán, o idioma máis longamente subsidiado do Estado español, senón como garantía de que as empresas cumprirán cando o esixan as necesidades da propaganda». «En virtude deste proceso circular os medios que máis teñen, máis reciben; na medida en que medra o seu orzamento faino tamén a súa capacidade de incidencia social, polo que aumenta a partida da futura subvención. Así ata o obxectivo último, que non é outro que a minorización terminal da vida intelixente en lingua galega. Un verdadeiro plan de apartheid, unha práctica que xamais recoñecerá as teorías nas que se inspira».

Por iso, esta asociación destaca que «non vai formar parte dun silencio que nos convertería en cómplices«. E, alerta que, de non poñerlle remedio, acudirá a instancias internacionais ante un proceso que «pode culminar co baleiramento e liquidación da nosa cultura».