Saltar ao contido principal

O Ensino: Estado Actual. Conferencia - Coloquio de Vicente Álvarez Areces.

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate á conferencia-coloquio que leva por título O ENSINO: ESTADO ACTUAL. Do modelo educativo fallido ás propostas creativas e que será impartida por Vicente Álvarez Areces

Álvarez Areces (Gijón, 1943), que ten un amplo currículo no eido da docencia, foi Director Provincial do Ministerio de Educación e Ciencia (1983) e Xefe do Servizo de Inspección Técnica de Educación (1985) sendo ministro Jose Mª Maravall. Foi tamén Alcalde de Xixón (1987/99) e Presidente do Principado de Asturias (1999/2011). Na actualidade é Senador no Parlamento polo Principado de Asturias. 

Coa devandita Conferencia, a A. C. Fuco Buxán inicia un Ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende indagar nas claves e contribuir ó debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.

Prégase e agradécese difusión!