Saltar ao contido principal

Memoria de Futuro

O pasado sábado 10 de outubro, na polideportiva de Santa Mariña, ao redor dun xantar, celebrouse o encontro “Memoria de Futuro” entre homes e mulleres pertencentes a diferentes organizacións xuvenís antifranquistas que loitaran contra a ditadura na súa etapa final, a comezos da década dos 70.

Un acto emotivo, polo reencontro entre camaradas que pola propia peripecia vital había anos que non se vían. O acto serviu para recopiar e expor dende exemplares dos medios clandestinos daquelas organizacións ata referencias as mobilizacións pola amnistía, polas liberdades e até a música que escoitaban e cantaban daquela.


Houbo intervencións de representantes das diferentes organizacions lembrando aquela etapa e aos distintos camaradas que hoxe non están con nós.

Foi todo un acto de recuperación da memoria histórica, da loita antifranquista, por outra parte necesaria, cando a dereita que nos goberna pretende negar a existencia da ditadura. O restablecemento das liberdades democráticas non caeu do ceo.