Saltar ao contido principal

Conferencia - Coloquio de Manolo Lago "Balance da Lexislatura. Milagre Económico?" [Ciclo Democracia e Compromiso]


Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate á Conferencia- Coloquio que leva por título BALANCE DA LEXISLATURA. MILAGRE ECONÓMICO? que será impartida por Manuel Lago (Vigo, 1956), responsable do Gabinete Económico de CC.OO e Profesor da Universidade da Coruña. Do ano 2005 ó 2009 foi Director Financieiro da TVG.

O gasto público (sanidade, educación, vivenda, servizos comunitarios...) tivo unha redución drástica en España ó tempo que se incrementaba a factura financieira. Este enorme tixeretazo -que afecta á capitalización e á competitividade do Estado- deprime a economía sen equilibrar as contas públicas nunha carreira sen fin cara ó deterioro imparable do noso feble “Estado del Bienestar”.

Coa devandita Conferencia, a  A.C. Fuco Buxán continúa o Ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende contribuir ó debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.

Venres, 27 de novembro ás 19,30 horas.
Na Galería Sargadelos - Ferrol

                                       Colaboran: