Saltar ao contido principal

Conferencia "REFUXIADOS E INMIGRANTES" dentro do Ciclo [DEMOCRACIA E COMPROMISO]




A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate á conferencia-coloquio que leva por título REFUXIADOS E INMIGRANTES e que será impartida por Nieves Santomé, Decana do Colexio de Avogados de Ferrol e Presidenta do Consello da Avogacía Galega.

A Cumbre de LA VALETA dos Xefes de Estado europeos e africanos consumou a política de peche de fronteiras na Unión Europea, unha zona con medios e déficit poblacional nas mellores condicións para recibir inmigrantes que reclaman dereitos tan básicos como á vida ou ó asilo. Perdeuse unha nova oportunidade ó demostrar a nosa incapacidade para propoñer solucións á altura dun proxecto europeo que naceu iluminado polos principios democráticos i éticos ó servizo dun mundo caracterizado pola xustiza, a seguridade e a prosperidade para todos. No coloquio tentaremos indagar nas claves desta clara oportunidade que dende os mass media nos presentan como un grave problema.

Coa devandita Conferencia, a A.C. Fuco Buxán continúa o ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende contribuir ó debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.

Xoves, 19 de novembro ás 19,30 h
Na Galería Sargadelos - Ferrol


Organiza E colaboran: