Saltar ao contido principal

Publicación conmemorativa "20 anos de Razón Socialista"


A nosa A.C. Cultural Fuco Buxán presentará este venres 15 de maio, ás 19:30 horas o número conmemorativo dos 20 anos da súa publicación Razón Socialista, dentro da exposición que xa hai en curso e aberta ao público.

A revista número 38 será presentada, polo tanto, na Galería Sargadelos de Ferrol. Participarán a nova presidenta da asociación: Mª Teresa Martínez, o novo director de Razón Socialista Manuel Cendán, así como o subdirector actual José Torregrosa e o seu editor Manuel F. López.

Prégase asistencia e difusión da convocatoria.
 
A Xunta Directiva da A.C. Fuco Buxán.