Saltar ao contido principal

A Vulneración Dos Dereitos Cidadáns



A Asociación Fuco Buxán desexa facer chegar á opinión pública a súa fonda preocupación ante un novo chanzo descendido nun proceso involutivo constante onde se vulneran- causando unha cada vez maior alarma social- os dereitos dos cidadáns. O último eslavón desta cadea de comportamentos inadmisibles por parte do Goberno do PP, constituiríao o sucedido coa cidadá Silvia Casal Sabín, a cal, sendo inocente de todo delito - como o testemuña a posterior posta en liberdade sen cargos por orde xudicial-, viuse envolta nun pesadelo que pasa por unha detención absolutamente desproporcionada e da que foi testemuña toda a veciñanza.  Lamentable episodio na que se viu envolto un fillo seu, unha criatura lactante, seguida dun traslado a Madrid, ao que hai que engadir un linchamento mediatizado por parte de certa prensa, da súa honorabilidade e a súa persoa. Ao solidarizarmos con Silvia, non queremos deixar de facernos eco das denuncias que o seu caso levantou por parte do Consello Comarcal de Esquerda Unida e o BNG, que levará o suceso ante o Congreso dos Deputados, en demanda de reparación a un dano oxalá non irreparable.

A.C. FUCO BUXÁN