A Asociación Cultural Fuco Buxán solidarízase cos traballadores/as do sector de Ambulancias que están a sofrer un brutal ataque nos seus dereitos económicos e laborais.
A non renovación do actual Convenio Colectivo, tal como pretende a Patronal, tería entre outras consecuencias a rebaixa dun 40 % dos salarios.
Apoiamos as súas mobilizacións e convidamos a toda a cidadanía a participar nelas, como usuarios dun servizo de atención imprescindible para todas e todos, que tamén, como tantos aspectos das prestacións públicas, este goberno, está a recortar e desfacer.
Por iso Fuco Buxán estará presente nas Movilizacións Sindicais, en demanda de negociación coa Patronal, a realizar por parte da UNION DOS TRES SINDICATOS MAIORITARIOS: CCOO, CIG, UXT
para estes días:
MERCORES 12:
08:00 am PIQUETE NA RESIDENCIA. REPARTO PANFLETOS.
10:00 am ROLDA DE PRENSA.
10:30 am REPARTO PANFLETOS INFORMATIVOS HOSPITAL NAVAL - HOSPITAL XERAL E MERCÁDELLO.
XOVES 13:
08:00 AM PIQUETE NA RESIDENCIA. REPARTO PANFLETOS.
10:00 AM SAIDA DA CARAVANA DE COCHES DENDE A RESIDENCIA. RECORRIDO POLOS HOSPITAIS E CENTROS DE SAÚDE DE FERROL, FENE, PONTEDEUME E NARÓN.
VENRES 14:
08:00 AM PIQUETE NA RESIDENCIA. REPARTO PANFLETOS.
10:00 AM REPARTO PANFLETOS ALCAMPO - ODEÓN - PRAZA DE ABASTOS.