Asociación Cultural Fuco Buxán

Este venres 28 de Decembro, Manifestación Stop Desafiuzamentos





A Comisión Dereito a unha Vivenda Digna - Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra,  que forma parte da Rede de Apoio Mutuo, acordou convocar unha Manifestación, en Ferrol, o Venres 28 de Decembro, ás 7 da Tarde, con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde se lerá un Manifesto, logo pasara-se a micro-aberto.


Mobilizaremo-nos para
:


Demandar:

  • A paralización dos desafiuzamentos
  • O recoñecemento por lei da dación en pago, acompañada da opción do alugueiro social
  • A creación dun parque de vivenda pública para garantir o dereito á vivenda
Denunciar o fraude hipotecario e

Reclamar o dereito a unha vivenda digna.

Esta mobilización, está encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza.


E a nivel local:

Por un parque público de vivenda municipal, para alugueiro social e para situacións de emerxencia. Censo de vivenda municipal, Xa !
Pola creación dun Punto Comarcal de Atención e Defensa, onde a cidadanía afectada por unha ameaza de desafiuzamento, poda atopar un lugar de información, asesoramento e defensa, financiados polas diferentes administracións públicas e en colaboración co colexio de advogad@s.

No facebook:

facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra


Evento no facebook
:

http://www.facebook.com/events/572492036099900/


Baixar Cartaz da convocatoria
:

https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMUDhKZlRHeEdNYmM
A+ | a-

Séguenos no Twitter