Saltar ao contido principal

Proxección da documental “Memoria do saqueo”



A A.C. Fuco Buxán organiza na vindeira semana, o Venres 9 de novembro, no seu Local Social, Rúa Armada Española, 32 Caranza,  ás 20 hs. Unha proxección da documental  "Memoria do Saqueo", cinta de Pino Solanas en 2004, sobre a situación en Arxentina desde a ditadura militar de 1976 até o estalido da revolta en decembro de 2001. 

25 anos de terribles problemas económicos e sociais, causados pola exorbitante débeda nacional, a desenfreada corrupción no poder político e financeiro e o espolio dos bens públicos, coa compracencia de numerosas multinacionais e a complicidade dos organismos públicos internacionais.








Explica os mecanismos que levaron a esta catástrofe pondo de manifesto a dignidade e a coraxe de millóns de arxentinos que loitan por non sumirse na pobreza. Fernando E. Solanas dirixe esta película na que expón a certeza de que "outro mundo é posible" ante a globalización.

“Segue o saqueo”. Pino Solanas dixo que nada cambiou desde que en 2003 denunciou co seu documental “Memoria do Saqueo” o despoxo de recursos por parte das empresas multinacionais con complicidade do Goberno nacional. Memoria do saqueo forma parte dunha serie de 5 documentais do mesmo director.

A A.C. Fuco Buxán, considera de vital importancia a difusión desta proxección e convídavos e anímavos a asistir.