PRÉGASE DIFUSIÓN
A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACION DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE "MATI".
O VINDEIRO DOMINGO 23 DE DECEMBRO ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL.
A nosa veciña, Mati de 42 anos, foi asasinada polo seu marido nunha das rúas da cidade de Ferrol.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de Mati e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo!