Nesta entrada podes encontrar algúns consellos básicos e documentos que poden ser útiles na negociación co banco ou durante un proceso de execución hipotecaria. Só tes que enchelos cos teus datos persoais.
Ten en conta que se queres negociar cunha
entidade financeira é moi importante que quede constancia de todo por
escrito, e polo tanto, debes entregar unha copia do documento en
cuestión á entidade e pedir que che selen outra para ti.
Se tes documentos que queiras compartir cos demais, porque crees que a outras persoas pódenlles ser útiles, por favor envíaos a escolmaderazons@gmail.com e colgarémolos nesta sección!! Trátase de compartir recursos e axudarnos mutuamente.
Toda a documentación e recursos que ofrece a Plataforma son totalmente gratuítos.
Observatorio DESC; Martí Batllori; Eva Corredoira; Verónica Davalos; Carlos Hernández Guarch, Montserrat Hernando; Rafael Mayoral, Raul Rodríguez Sánchez e segue a lista...
Prende na imaxe para descargarte os documentos, levarate a outro enlace nalgúns casos, á páxina da plataforma onde pódense descargar:
Chámase dación en pagamento ao
feito de entregar a vivenda á entidade financeira coa que se ten a
hipoteca a cambio de quedar libre de toda débeda. Trátase dunha figura
totalmente legal pero, coa lexislación vixente, bancos e caixas, non
están obrigados a aceptala.
Se decides que esta é a túa opción é moi
importante que insistas nela, xa que, o máis común, é que o banco se
mostre reticente a concedercha en primeira instancia. Presenta a
solicitude na túa entidade e non te desanimes e insiste. Na Plataforma
hai varios casos de persoas afectadas ás que concederon a dación pero
todas o conseguiron despois de loitar moito e perseverar.
Fai click na imaxe para descargarte o modelo de solicitude de dación en pagamento
Solicitar a xustiza gratuíta
é moi importante se non tes recursos económicos para enfrontarte a un
proceso xudicial, como o é un proceso de execución hipotecaria. Neste
caso, o acceso á xustiza gratuíta permitirache ser parte no procedemento
de execución, é dicir, acceder á información e poder realizar
determinadas actuacións no proceso. Sen avogado e procurador non es
ninguén nin podes alegar nada.
Pódese solicitar cando xa deixaches de pagar
algunha cota pero aínda non te chegou a demanda de execución (é dicir, o
"montón de papeis" que te chega do xulgado) ou ben cando te chegue a
demanda (ou se xa te chegou).
Fai click na imaxe para obter información moi detallada sobre a solicitude de xustiza gratuíta: pasos a seguir, documentación a presentar, lugares onde facelo, etc..
Se solicitas xustiza gratuíta ante o Colexio de Avogados e cha denegan, debes recorrer esa resolución no prazo de 5 días dende que che notifican a denegación.
Fai click na imaxe para descargarte o modelo de impugnación no caso de denegación da xustiza gratuíta
Documento para entregar os avogados de oficio, para esixirlles que presenten un recurso contra o decreto de adxudicación por canto existen numerosas sentenzas que establecen que coa vivenda adxudicada á entidade financeira é suficiente para saldar a débeda pendente.Fai clic na imaxe para descargarte o Chamamento aos avogados de oficio a defender os dereitos e intereses das persoas afectadas
-
Modelo escrito para pedir condonación débeda a cambio de entrega de piso e chaves do afectado, xurisprudencia actualizada (a presentar o banco)
Fai click na imaxe para descargarte o modelo escrito para solicitar a condonación da débeda despois da poxa.
Unha vez realizada a poxa, se esta queda deserta, a entidade financeira pasa a ser a nova propietaria do piso, polo tanto non pode continuar solicitándose a DACIÓN EN PAGAMENTO (entrega da propiedade a cambio de saldar a débeda) porque a persoa afectada xa non é propietaria. O que si se pode facer é solicitar a condonación da débeda restante unha vez realizada a poxa. Para iso pódese presentar este modelo de escrito. A presentar polo avogado.
Fai clic na imaxe para descargarte o modelo Escrito de condonación tras adxudicación do terreo para evitar a execución da débeda pendente (a presentar polo avogado de oficio no Xulgado)
O
proceso de execución hipotecaria remata coa poxa da vivenda. Se non hai
ninguén que puxe por ela, o banco ten dereito a quedala polo 50% do
prezo de taxación. E por lei, reclamará o restante 50% máis as costas do
proceso de execución, á persoa debedora, aínda que esta quedase sen
vivenda. Chegados a este punto, e para cubrir a débeda, o banco pode embargar parte da nómina
tanto de la(s) persona(s) ex.propietaria(s) como de avalistas. Na
seguinte táboa podes consultar dun xeito rápido as cantidades
aproximadas que poden embargar en función do soldo.
Fai click na imaxe para descargarche a táboa de cantidades embargables segun o soldo
Escrito para presentar o xulgado solicitando unha prórroga dun mes do desafiuzamento.Unha vez sinalada a data de desafiuzamento a lei permite solicitar unha prórroga dun mes para desaloxar a vivenda se existe un motivo fundado (non ter garantido o realoxar e estar a buscar vivenda alternativa).
Fai clic na imaxe para descargarche o Modelo escrito aprazamento lanzamento sobre a base do 704 LEC
Documento a presentar ante o xulgado cando o xuíz ordenou o desafiuzamento cunha data aberta. Isto é "a partir do día X" ou "entre o dia A e o dia B" e non cunha hora e día concretos.Fai clic na imaxe para descargarte o Modelo escrito Recurso reposición contra data aberta de lanzamento
-
- Modelo escrito instacia ao Concello para eximir o pagamento da plusvalía en caso de dacións que se acollan ao RDL De Guindos
- Modelo escrito instacia ao Concello para eximir o pagamento da plusvalía en caso de dacións que se acollan ao RDL De Guindos