Saltar ao contido principal

Concentración contra os desafiuzamentos


Onte, na Praza de Armas de Ferrol, en réxime de autoconvacatoria, celebrouse unha concentración en repulsa aos Desafiuzamentos e en solidariedade coas vítimas da Banca.

Participou no acto, no que interviron varios dos asistentes, unha ampla representación da Rede de apoio mútuo Ferrolterra, sindicalistas, representantes do tecido asociativo, membros do PSOE, BNG, EU, A Nova, e cidadáns e cidadás a título personal.