Nesta entrada queremos informarvos das incribles taxas e procedementos para cobrar aos inmigrantes ilegais polos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde. Uns documentos que demostran o clasismo instaurado na sociedade política e o desprezo ás necesidades que poidan pasar persoas necesitadas con graves problemas económicos. Ollo, a partires de agora, calquera persoa que non teña modo de pagar estas taxas poderá aparecer xa cadáver nas rúas. Ollo, agora ben o frío. Onde está o estado de benestar, ¿quen o levou? Tan so uns poucos son os agraciados de desfruta-lo.
DECRETO
CONSELLERÍA DE SANIDADE
DECRETO 221/2012, do 31 de outubro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.
ORDE
CONSELLERÍA DE SANIDADE
ORDE do 16 de novembro de 2012 pola que se establece o procedemento para a obtención dos datos precisos para a facturación a terceiros/as obrigados/as ao pagamento das prestacións asistenciais do Sistema público de saúde de Galicia, e para a repercusión dos gastos ocasionados por uso irresponsable.
No primeiro están as taxas a cobrar. No segundo os Procedementos a cobrar.
Por cobrar quen non sexa... dirán eles...