Saltar ao contido principal

AVV O Rosario - Inferniño sobre o peche da biblioteca do CC Municipal do Inferniño

Difundimos o comunicado que nos chega dende a AVV O Rosario - Inferniño sobre a situación da biblioteca do Centro Cultural Municipal do Inferniño:




C.Cultural MUNICIPAL CARVALHO CALERO
BIBLIOTECA INFERNIÑO

A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, continuamos a denunciar, unha vez máis, o PECHE da BIBLIOTECA do Centro Cultural Municipal do INFERNIÑO dende hai máis de 1 ano sen cubrir a plaza da antiga traballadora.

Expresamos a nosa queixa e decepción ante a falta de dilixencia e resposta municipal cara a un bo funcionamento de apertura diaria e sábados na BIBLIOTECA do INFERNIÑO no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, sabendo que se trata dun tema sensible de máxima prioridade cultural e lugar de estudo e consulta para estudantes.

Esta Xunta directiva da A. Veciñal O Rosario –Inferniño, insta ao goberno local a APERTURA desta BIBLIOTECA MUNICIPAL do INFERNIÑO con horarios de fin de semana e poder facilitar este servizo aos estudantes, lectores/as e a veciñanza en xeral.

Ferrol, a 15 de Febreiro de 2017.-


- A directiva .-