Saltar ao contido principal

Novas da Plataforma Salvar Cultura Sargadelos - Encontro con En Marea e manifesto

A Plataforma Salvar Cultura Sargadelos fainos chegar a seguinte nota na que informan dun encontro mantido con En Marea:





Encontro plataforma - En Marea.
A Plataforma Salvar- Cultura Sargadelos mantivo un encontro co voceiro parlamentar de En Marea, Luis Villares e a Deputada Luca Chao xunto e alcalde de Ferrol para facerlle entrega de documentación referente as nosas demandas de constituir unha Fundación que preserve, protexa e difunda a Cultura Sargadelos e Isaac Díaz Pardo como unha parte transcendental, histórica e cultural de Galicia.

- Os voceir@s de En Marea amosaron o seu interese positivo nestas reivindicacións e comprometéronse coa Plataforma en achegar estas demandas ao Parlamento de Galicia co fin de posibilitar unha acción UNÁNIME de todas as forzas políticas e a consecución dunha Fundación Cultural nesta empresa privada cunha intervención PÚBLICA.

- Esta Plataforma vai continuar coas xestións para defender a cultura galega de Sargadelos e o seu refundador Isaac Díaz Pardo para facer posible unha interacción decidida entre a empresa, as Administracións e entidades socio-culturais.

- Saúdos

- Comisión coordinadora .-





Tamén nos fixeron chegar a última versión do manifesto da Plataforma:





Esta “Plataforma SALVAR SARGADELOS” está conformada por varias entidades sociais, sindicais e políticas dende a súa primeira concentración o día 19 de decembro-2016 nos arredores de súa Galería Sargadelos-Ferrol, repetindo estas mobilizacións todos os luns ás 19,30 horas con carácter aberto a toda a cidadanía.

Ante o anuncio e posterior peche da Galería Sargadelos- Ferrol, as entidades e maioría social expresamos o noso rexeitamento polo significado que representa o legado de ISAAC DÍAZ PARDO, benquerido artista, galeguista, republicano, intelectual de nosa cultura galega e fundador do Laboratorio de Formas, Cerámica Sargadelos, Edicións do Castro, Seminario de Estudos Galegos..etc. Estendemos que dende esta Plataforma debemos preservar a súa obra cultural e intelectual para continuar o seu legado e difundilo ao mundo socio-cultural.

Somos conscientes que tratase dunha empresa de carácter privada, aínda que para nós ten un significado de especial interese público pola súa transcendencia e compromiso coa cultura Galega. Lembramos que no seu salón de Actos tiveron lugar actos sociais, debates de ámbito reivindicativo, político ou cultural que consideramos un espazo de total tolerancia e independencia.

Informamos que este pasado luns-9 de xaneiro, mantivemos unha xuntanza co Alcalde para valorar posibles actuacións. Esta Plataforma solicitou ao Alcalde un informe xurídico do Secretario do Concello respecto a viabilidade dunha entidade socio cultural ou similar (Fundación ou padroado) con participación das Administracións públicas co obxecto de difundir e protexer a Cultura Sargadelos.
  • Continuamos cos encontros por separado con todos os grupos municipais cun resultado positivo. Repetimos e rematamos o pasado luns-16xan. estes encontros cunha xuntanza na Casa do Concello co Alcalde de Ferrol, Grupos Municipais, representante da franquicia desta galería- Ferrol co obxecto de intercambiar informacións, debater as nosas demandas culturais e outras posibilidades. Comunicouse o peche inmediato da Galería Sargadelos desta cidade de Ferrol a finais de xaneiro-2017 despois de prestar a súa actividade durante 26 anos. 
  • A Plataforma SALVAR SARGADELOS convidamos e convocamos a cidadanía e entidades o luns-23 Xaneiro a un acto de homenaxe a ISAAC DÍAZ PARDO co pase dun DOCUMENTAL sobre a súa vida e obra para amosar o significado do seu legado intelectual e cultural a SARGADELOS. 
  • O venres-27xan. mantivemos un encontro co Presidente da RAG, Xesús ALONSO MONTERO, para expoñerlle esta iniciativa cultural, dándonos o seu total apoio persoal e de seguro a aprobación da mesma Academia Galega.
  • Valoramos de forma positiva a creación dunha fundación ou padroado con participación das administracións públicas, co obxecto de protexer a CULTURA SARGADELOS, ligada a figura e obra de ISAAC DÍAZ PARDO a través de entidades socio-culturais e presentar esta proposta aos Grupos políticos na busca de UNANIMIDADE no plenario do Parlamento de Galicia. 

Por todo Isto;
  • Instamos a cidadanía, entidades culturais, socias, sindicais e políticas a reivindicar, preservar e difundir a Cultura SARGADELOS. 
  • Instamos a Academia Galega –RAG- a manifestar o seu apoio a Cultura SARGADELOS.
  • Instamos as forzas políticas a presentar no Pleno do Parlamento de Galicia a reivindicación desta Plataforma cidadá co fin de constituír unha fundación ou padroado con financiamento e representación pública que protexa, difunda e preserve a Cultura SARGADELOS. 

Ferrol, a 26 de Xaneiro de 2017 .-


Entidades da Plataforma SALVAR SARGADELOS .- Asociación Cultural FUCO BUXÁN; Asociación Cultural MEDULIO; Asociación SC San Fernando; Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño; Asociación Veciñal A Magdalena; Asociación Veciñal de Caranza; Colectivo Artabra21; Asociación Cultural PATIO DE BUTACAS. APOIOS; Partido FERROL EN COMÚN; Partido BNG; Partido ESQUERDA UNIDA -FERROL; Partido TERRA GALEGA; Partido Socialista Republicano DECIDE EN COMÚN; Federación de ANPAS de FERROLTERRA e persoas individuais.