Saltar ao contido principal

Plataforma Remunicipalización Ferrol - Concentración polo Saneamento: contra a Taxa, por unha Emafesa 100% Pública, Depuración XA!!!: Mércores 1 de marzo, ás 12 do mediodía, na Praza da Ilustración

Compartimos o chamamento que fan dende a Plataforma Remunicipalizar Ferrol para convocar unha concentración o vindeiro mércores 1 de marzo polo saneamento da ría e contra as taxas inxustificadas:





Despois dos Plenos Extraordinarios, do 13 e 22 de febreiro, para abordar o asunto do Saneamento e a Taxa; e das reunións co Alcalde, unha antes de cada pleno, mais sen suceso ningún, coa postura do goberno municipal tomada e sen querer escoitar, vemo-nos na obriga de comezar a expresar as nosas opinións e reivindicacións, xa non só en roldas de prensa, comunicados e intervencións nos plenos, senon coa Mobilización Social. 

Hai un problema de fondo que non damos superado, hai certo tapar orellas ás propostas razoadas e ben argumentadas do movemento social que representamos, ao que antes mesmo pertencía e participaba activamente, o actual alcalde Jorge Suárez. Fai-nos pensar que este Alcalde que se esquece que está na alcaldía polos votos propios, e polos dos outros dous partidos que o apoiaron na súa investidura para presidente do Concello de Ferrol, estes son imprescindíbles. O lóxico, é que consulte a eses partidos en asuntos de tanta importancia como o é o saneamento e depuración.Tamén que consulte ou teña en conta ao movemento social, que axudamos a que o Partido Popular perdera a maioría absoluta, destapando coa loita popular a estafa da Taxa e da depuradora que non depuraba, en definitiva o engano á veciñanza, o engano ao Poder Popular. 
Sen entrar a un enfrontamento total, si comezamos a poñer as cousas no seu sitio, deixando espazo suficiente, para que lle dea tempo a rectificar e poñer-se do lado dos intereses do pobo, dos intereses da cidade, de quen ven defendendo un Saneamento Integral da Ría, da Xente do Mar, do medio ambiente, ... É por iso polo que convocamos unha CONCENTRACIÓN en Ferrol, o vindeiro mércores 1 de marzo, ás 12 do mediodía, na Praza da Ilustración (O Ensanche) - Diante da sede de Emafesa, onde vai ter lugar un Consello de Administración, no que o punto 6º da orde do día dí: "Solicitude, no seu caso, de concurso -preconcurso- do artigo 5 bis da Lei Concursal- voluntario de Emafesa".




SANEAMENTO E DEPURACIÓN XA!
QUE NON NOS MINTAN,
QUE NON NOS ENGANEN,
É FALSO QUE SE NON SE APROBA A SÚA TAXA,
QUE NON SE PODA DEPURAR.
SEGUIR VERTENDO Á RÍA SI QUE É ILEGAL!

EMAFESA 100% PÚBLICA !
SOCAMEX/URBASER,
A PARTE PRIVADA QUE XESTIONA A EMPRESA
FÓRA DE EMAFESA

EMAFESA MINTE E ESTAFA !
COBROU UNHA TAXA DE DEPURACIÓN,
MAIS NON PRESTABA O SERVIZO.
DEVOLUCIÓN DA TAXA,
COBRADA INDEBIDAMENTE XA!

ESTA TAXA NON !
SE TEN QUE HABER UNHA TAXA,
QUE SEXA EXPLICADA, PARTICIPADA E XUSTIFICADA !


--




PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN

Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!

Pódese, débese e precísase!

Alexandre Carrodeguas 690612737

Fernando Ramos Armesto 622932443
Pablo Portero 659855805
Bernardo Rego Gárate 603772650
Lupe Ces. 652201003

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/