Saltar ao contido principal

Ciclo "Ferrolterra, presente e futuro", con Luis Villares : xoves 2 de febreiro, 19:30h, Ateneo Ferrolán

Dende  Fuco Buxán convidámosvos a asistir ó novo acto enmarcado no ciclo de conferencias-debate que leva por título "Ferrolterra, presente e futuro: una análise da nosa realidade dende una perspectiva progresista e de esquerdas", e para o que estamos a convidar ás forzas da esquerda do noso país para que presenten as súas alternativas i escoiten as voces da cidadanía.

Na segunda destas conferencias, que terá lugar o vindeiro xoves 2 de febreiro ás 19:30h no Ateneo Ferrolán, intervirá o voceiro parlamentario do grupo En Marea, Luis Villares.



Có devandito ciclo pretendemos contribuir ó debate sobre a profunda crise na que está inmersa a nosa bisbarra e na procura de solucións por parte de tod@s. Deste xeito non só a túa presenza, senón a túa participación é importante no coloquio posterior.