Saltar ao contido principal

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública - Nota de prensa sobre recortes en convocatorias de prazas da sanidade pública

Compartimos esta nota de prensa da AGDSP respecto aos recortes nas convocatorias de prazas á sanidade pública:



Ante a información de que a Xunta de Galicia decidíu reducir a metade, a oferta de prazas sanitarias previstas para este ano, alegando problemas na aprobación dos orzamentos do Estado, desde a AGDSP queremos comunicar que:

1.- Esta decisión supón perpetuar a situación de urxencia do sistema sanitario público e o déficit de recursos sanitarios que soporte a nosa Comunidade Autónoma, trala perda de 1.795 prazas, das que 1.154 foron en AP e 641 en hospitais: 513 de médicos (392 en AP e 121 en hospitais), e 184 de enfermaría. Estes recortes explican as insoportables listas de agarda hospitalaria, demora nos Centros de Saúde ou os colapsos nas urxencias hospitalarias.

2.- A suspensión da oferta de prazas, perpetuará a decadencia e o deterioro do SERGAS, e abren as portas ás empresas multinacionais que están comprando centros na nosa Comunidade como Quirón ou HM Hospitais.

3.- A solución desta situación, non pasa por cambiar as xerencias hospitalarias (que xestionan tamén os servizos de atención primaria a través das xerencias integradas) que ademais de facer rotar aos mesm@s xerentes......reproducen as políticas de nepotismo, postas en práctica, pola anterior Conselleria (poñendo a familiares na dirección de centros e servizos), coma se éstes fosen unha herdanza da súa propiedade.

4.- Desde a nosa Asociación, rexeitamos a persistencia do Goberno Galego, en recortar recursos sanitarios, someténdose ás políticas de chantaxe e aforro orzamentario, impostas polo Goberno do Estado e a necesidade dun Plan de Recursos Humans, que recupere os recortes de persoal e que inclúa un diagnóstico dás necesidades do sistema, estableza prioridades e acabe coa precariedade laboral.


Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

24 de febreiro do 2017