Saltar ao contido principal

ADEGA - Palestra sobre brañais o 2 de febreiro, 20h

Compartimos a convocatoria que nos fai chegar ADEGA para este vindeiro xoves 2 de febreiro:




Este dous de Febreiro é o día mundial dos Brañais (humedales), unhas zonas vitais pra supervivencia da humanidade e do resto das especies. Son espazos dos máis produtivas da terra e
fonte e reserva de auga doce e gran diversidade biolóxica das cales, dependen moitas especies vexetais e animais pra vivir. Ademais os brañais son fonte de recarga de augas subterráneas, axudan
a mitigar o cambio climático e son tamén grandes zonas de produción de alimentos.


Por todo isto e por o perigo ao que enfrentanse estas figuras meio ambientais, esta delegación decidimos fazer unha palestra na que falaran un membro desta delegación Nês Lopes, xunto con Fins Eirexas xeólogo e secretario executivo de ADEGA. Será no salón do antiguo hospicio de Ferrol (RÚA MENDEZ NUÑEZ -PRAZA DE AMBOAXE FERROL) o día 2 de Febreiro as 20H onde estades todas invitadas a participar


Sen máis recibe unha forte aperta ecoloxista

MIGUEL ANJO (SECRETARIO ADEGA-FERROLTERRA)
adegatrasancos@adega.gal 
ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza) Delegación de Ferrolterra Apartado de Correos 481, C.P.: 15480 - Ferrol ASÓCIATE!!! www.adega.gal > Delegacións > Ferrolterra