Saltar ao contido principal

Neira Vilas, sempre!




Sempre Neira Vilas.

A A.C. Fuco Buxán quere expresar o seu pesar polo pasamento do amigo Xosé Neira Vilas, que a pasada noite fóisenos polo río da vida, como él diría: “Voltei mirar para o río e a comparalo coa vida. Coa vida de todos. A da xente que facía a labra; a dos que estaban lonxe, ou navegando, ou inda non naceran. ¡Que procesión inmensa é o mundo! Que feira, onde a todas horas chegan uns e outros vanse.

Andará agora, ledo, por “onde rematan os camiños” da man da súa dona Anisía, do Padriño, do Lelo de Cidre, de Seoane e Díaz Pardo, de tantos e tantos personaxes reais ou imaxinarios que formaron parte da súa longa e fructífera vida, e a súa estrela non esmorecerá porque os que o coñecimos, os que escoitabamos con atención as súas reflexivas e interesantes paroladas, os que leron as memorias de Balbino, as cartas a Lelo, e tantos, tantos outros traballos, gardaremos a lembranza dun home bó e xeneroso, colaborador desinteresado en todos os eventos culturais, de sonriso entrañable, afectuoso e cercano, e sobre todas as cousas paladín na defensa da nosa cultura e da nosa língua.

Hai poucos días, no Congreso da Emigración no Ateneo Ferrolán, disfrutamos da súa sabedoría y da súa conversa agarimosa e lembramos xuntos a súa participación, con Anisía, na Homenaxe que a nosa Asociación organizara a Isacc Díaz Pardo, hai oito anos.

Das mitísimas consellas agochadas na súa obra, quedémonos agora mesmo con esta: “as cousas non pasan porque teñen que pasar. As máis delas podemos gobernalas. E acontecerán segundo nós queiramos”.


FOTOGRAFÍAS NA HOMENAXE A DÍAZ PARDO