O vindeiro 1 de decembro unha
delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, viaxará de
novo a Bruxelas (é a terceira vez) convidada
pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe),
Lídia Senra, co fin de facer visible, una vez máis, no Parlamento Europeo, a
problemática da nosa Ría e os perigos da Planta de Gas de Reganosa:
Colectivos galegos visibilizarán no Parlamento a
gravidade da contaminación das rías e ríos
·
Unha delegación de 18 persoas acudirá ao PE o vindeiro mércores 2 de
decembro en representación de distintas asociacións e entidades
·
A eurodeputada Lídia Senra promoveu esta viaxe co obxectivo de denunciar a
contaminación e realizar unha posta en común das loitas
Bruxelas, 27 Novembro 2015. Integrantes do Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, a Plataforma
de Defensa do Río Baa, SOS Río
Miño, Agrupación
de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, Plataforma Sarriana polo Río, Plataforma de Cospeito, Asociación Xentes de Mar Viva e representantes do sector acuícola de Burela e artes menores de Narón,
acudiran ao Parlamento Europeo (Bruxelas) o vindeiro mércores 2 de
novembro para trasladar as súas experiencias de loita e denuncia da
contaminación das rías e ríos galegos.
Esta iniciativa, impulsada pola
eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra,
avanza na liña de visibilizar no Parlamento Europeo (PE) os distintos
conflitos e reivindicacións que a cidadanía está a levar adiante no noso País
día a día.
Na Galiza temos 18 rías e
aproximadamente 10.000 ríos, e unhas e outros son sistemas ecolóxicos en
si mesmos, aos que debemos prestar atención tanto a nivel interno como das
distintas repercusións nas áreas xeográficas polas que descorren.
Así, este encontro terá como
obxectivo inmediato realizar unha posta en común das problemáticas derivadas da
contaminación das rías e ríos galegos, "unha cuestión de importante
impacto tanto a nivel medioambiental como social e produtivo", lembrou
Senra.
Alternativa Galega de Esquerda en
Europa tense dirixido xa en repetidas ocasións á Comisión Europea denunciando a
situación de moitas das canles hidográficas galegas a través de preguntas
parlamentarias, como por exemplo as realizadas ao respeito das sendas
fluviais do río Tea e Castro da Croa (LIC Río
Tea), Ría de Ferrol (Reganosa, Forestal
del Atlántico e marisqueo) ou a depuradora
de Coruxo.
Aliás, Senra promoveu o pasado 7
de novembro un seminario en Cangas o baixo o título “As
pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC):
retos e propostas de futuro”, articulada en torno a oito mesas temáticas
integradas por máis de quince representantes directos do sector.