Saltar ao contido principal

Conferencia-coloquio que leva por título Polo Dereito á Enerxía: Outro Modelo, outro recibo

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate á conferencia-coloquio que leva por título Polo Dereito á Enerxía: Outro Modelo, outro recibo que será impartida por Pablo Álvarez Fernández, presidente da Cooperativa NOSA ENERXÍA o venres día 6 de novembro ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Ferrol, praza de España, sala audiovisual, 2º andar.

Coa devandita Conferencia, a A. C. Fuco Buxán continua co Ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO pretende indagar nas claves e contribuir ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.

Prégase e agradécese difusión!