Saltar ao contido principal

MOCIÓNS SOBRE NAVANTIA NO CONCELLO DE FERROL

No pleno municipal celebrado onte en Ferrol debatéronse dúas mocións relacionadas con Navantia: a presentada polo noso comité de empresa e unha moción conxunta presentada por Ferrol en Común, PSOE e BNG sobre o veto do CNI contra o compañeiro Xaquín.

A moción do comité foi aprobada cos votos a favor de tódolos grupos menos o PP, que votou en contra. Nada do que sorprenderse, dada a política deste goberno con Navantia.

Respecto á moción sobre o CNI, os voceiros de FeC, PSOE e BNG amosaron un total rexeitamento a ese veto. Pola súa banda, o PP e Ciudadanos argumentaron que o tema debía dirimirse nos tribunais. A moción foi aprobada por maioría absoluta cos votos de FeC, PSOE e BNG e coa abstención do PP e Ciudadanos. O texto da moción é o seguinte:

O día 13 do presente, Xaquín García Sinde, veciño da nosa cidade, recibiu unha resolución do Centro Nacional de Inteligencia na que se lle prohibe que desenvolva determinadas tarefas profesionais en Navantia.

En dita resolución, o CNI tamén explica o motivo do seu veto: “El Sr. García Sinde ha demostrado una continuada participación en organizaciones y grupos cuyos ideales defienden una estrategia revolucionaria: de clase, anticapitalista e internacionalista. Si bien esta participación es lícita, se considera discordante con la protección de la información clasificada que el Ministerio de Defensa español cede a la industria para sus desarrollos armamentísticos”.

É dicir, o Estado veta a un traballador polo mero feito de profesar determinadas IDEAS, a pesar de que a propia resolución recoñece que as súas actividades políticas son LÍCITAS. En Ferrol, cidade moi destacada na loita pola conquista das liberdades democráticas, esta resolución do CNI trae á memoria o acontecido en épocas pasadas, cando os traballadores da Bazán significados na oposición ao réxime tiñan prohibido o acceso ós buques militares.

Cando xa pasaron corenta anos desde a morte do ditador, é grave que o Estado volva a considerar a unha persoa como un risco para a seguridade (o que o equipara cun sospeitoso de terrorismo, espionaxe ou sabotaxe) polo mero feito de ter unhas determinadas ideas e realizar actividades políticas no marco da lei.

Por todo o anteriormente exposto, os Grupos Municipais de Ferrol en Común-FeC, do Partido Socialista de Galicia-PSOE e do Bloque Nacionalista Galego-BNG propoñen ao Pleno da Corporación municipal a aprobación dos seguintes acordos:

MOCIÓN
  • O pleno do Concello de Ferrol reproba a actuación do CNI vetando a un traballador por
  • razóns exclusivamente ideolóxicas.
  • O pleno do Concello de Ferrol rexeita que un organismo do Estado volva a considerar a un
  • cidadán como un risco para a seguridade simplemente polas súas ideas e por realizar
  • actividades políticas no marco da lei.
  • O pleno do Concello de Ferrol insta ó Goberno a anular inmediatamente a resolución do CNI
  • e a ditar a concesión da Habilitación Persoal de Seguridade a Xaquín García Sinde, dado que a
  • motivación do CNI para denegarlla é antidemocrática e impropia dunha democracia.
  • Das anteriores resolucións, o Concello dará conta ó Parlamento de Galicia, á Xunta de
  • Galicia, ó Congreso dos Deputados e ó Goberno do Estado.
  • Navantia-Ferrol, 27 de novembro de 2015