Esta madrugada un grupo de mulleres comezará unha folga de fame para denunciar a falta de apoio e recursos, por parte das administracións, ás mulleres e nen@s vítimas de violencia machista. Estas mulleres, pertencentes á asociación Ve-la Luz, saben de primeira man, o impacto que están a ter na vida das mulleres os recortes que eliminaron o chamado "salario da liberdade", o peche dos CIM, a falta de recursos para seguir adiante con programas específicos de axuda ás vítimas de violencia machista ... Saben-no ben. E así nolo ensinaron estes días que compartimos con elas a loita contra o desafiuzamento en Cabanas, onde a violencia machista provocou a máxima indefensión de Sandra Menéndez a quen o seu presunto agresor pretende mesmo que perda a súa vivenda.
Agora é o momento de mostrar a nosa solidariedade coa loita da Asociación Ve-la Luz. Coa loita e resistencia das mulleres contra a violencia machista, que reclaman ás administracións, recursos, protección, xustiza... que lle son negados.
Folga de Fame
Hoxe neste momento, 00:05hs, do Martes 15 de Outubro de 2013, un grupo de mulleres ligadas á Asociación Galega para a Defensa de Mulleres e Nen@s Vítimas da Violencia de Xénero e/ou Abusos - Ve-la Luz
. Pertencente ao Movemento Grito en Silencio, poñen-se en Folga de Fame:
POR UN SISTEMA REAL QUE PROTEXA A MULLERES E NEN@S DA VIOLENCIA DE XÉNERO QUE NON FOMENTE A SUBMISIÓN, O EMPOBRECEMENTO E QUE NO PERPETÚE O MALTRATO. BASTA XA!!
Ante as situacións permitidas por un sistema de protección creado para as vítimas de violencia de xénero que nos tortura e nos somete, a mulleres e fill@s perpetuando o maltrato e empoderando ao maltratador.
COMEZAN A "FOLGA DE FAME", NO BAIXO DO Nº5, DA RÚA EUSEBIO DA GUARDA, NA CIDADE D'A CORUÑA, NAS INMEDIACIÓNS DA AUDIENCIA PROVINCIAL.
Sen Salario da Liberdade, con recorte no programa de axuda psicolóxica da Xunta, sen vivendas no programa Aluga, sen medios, sen ... , ... ¡¡Xa abonda!!
Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.
Compañeiras adiante!
Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
Inácio (Comunicación)
645 158 113
Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
Dende a Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra queremos amosar a nosa solidariedade e apoio coas compañeiras da asociación Vela-luz, que se atopan, dende hoxe, en folga de fame reivindicando un sistema real que protexa a mulleres e nen@s da violencia de xénero, que non fomente a submisión, o empobrecemento e que non perpetúe o maltrato.
Rexeitando ademais a falta de recursos para as mulleres e nen@s vítimas de violencia machista.
Dende a Marcha Mundial das Mulleres sabemos ben o que están a esixir, xa que aínda que, non con atención directa ás vítimas, como moi ben fan elas, levamos anos facendo unha labor de sensibilización contra a violencia machista.
Denunciando e reclamando un cambio social no que os poderes públicos teñen unha grande responsabilidade. No ámbito da educación, da xustiza, da protección, da asistencia.
Contades coa nosa sororiedade!!
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza