Saltar ao contido principal

Xornada Temática sobre Inmigración en Ferrol




A área de Inmigración da A.C. Fuco Buxán e o Ateneo Ferrolán teñen o pracer de convidar á cidadanía a unha Xornada Temática sobre Inmigración que se celebrará o vindeiro día 25 de outubro, ás 20:00 horas, no Ateneo Ferrolán da rúa Magdalena Nº 202 en Ferrol. 

Coa presenza de Eduardo Romero (Asturias), Carlos Piñeiro (Médico Ferrol) e, Mª Teresa Bustamante (Avogada). O Acto será presentado por Susana Alaniz (Responsable da área de Inmigración e directiva da A.C. Fuco Buxán). Proxectarase un documental titulado: "Un Viaje al Edén"

Acudide! Prégase difusión.