Saltar ao contido principal

Rolda de Prensa en Ferrol da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública.




A Asociación Cultural Fuco Buxán, integrada na Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra, convida aos seus socios/as amigas e amigos a participar nesta Rolda de Prensa acompañando aos portavoces da Plataforma.

Difundimos o comunicado da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra:

Estimad@s compañeir@s.-

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol , integrada en SOS Sanidade Pública, CONVOCAMOS unha Rolda de Prensa que se celebrará na Galería Sargadelos de Ferrol o vindeiro Martes día 15 de outubro ás 12:30 para presentar as I Xornadas en Defensa da Sanidade Pública que se celebrarán o 18 e 19 de outubro na Fundación NovaCaixaGalicia de Ferrol.

Pedimos a vosa asistencia a esta Rolda de Prensa co fin de dar cobertura e informar aos medios da importancia destas Xornadas da Sanidade Pública e analizar as verdadeiras intencións dos gobernos do Partido Popular de privatizar a Sanidade Pública.

Saúdos

Comisión Permanente.-

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
plataformadspferrol@gmail.com