Saltar ao contido principal

Semana de Loita contra as Fronteiras do Foro Galego de Inmigración.




O Foro Galego da Inmigración organizou xunto a colectivos sociais unha Semana de Loita contra as Fronteiras do 21 ao 25 de outubro, en distintas cidades de Galicia.


Pasado un ano da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012, que retira o dereito á asistencia sanitaria ás persoas migrantes en situación irregular, quere denunciar a trama de fronteiras que a política de estranxeiría española impón ás persoas migrantes.

Entre as actividades que compoñen esta semana de loita, están as presentacións do libro en Vigo, Ourense e Coruña, coloquios en Compostela e Ferrol baixo o título "Fronteiras. Diferentes dispositivos, mesma función. Políticas migratorias e exclusión de dereitos", nos que participará Eduardo Romero e activistas polo dereito á saúde universal.

Eduardo Romero é integrante do colectivo asturiano Cambalache, autor de diferentes textos sobre políticas migratorias e co-autor do libro "¿Qué hacemos con las fronteras?".


A semana completarase cunha rolda de prensa e dous actos reivindicativos en Compostela.


En Ferrol o acto será no Ateneo Ferrolán

http://praza.com/movementos-sociais/5727/a-politica-de-estranxeiria-e-unha-reforma-laboral-encuberta-que-precarizou-as-condicions-de-traballo/


O Venres 25 no Ateneo Ferrolan, a partir das 20h. ultima sessiom da SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS con Eduardo Romero, Carlos Piñeiro e Maite Bustamante.

Organiza: Foro Galego da Inmigración, Raias Traveseiras, Grupo de Axitación Social, ODS-Coia e a Liga Estudantil Galega.

Estades convidad@s!