Saltar ao contido principal

Obstáculos do Grupo Popular ao informe do Parlamento Europeo.



Hoxe, (Documento anexo), a eurodiputada do Grupo Os Verdes, Tatjana Zdanoca, que, o pasado febreiro, formou parte da Delegación de Parlamentarios que visitaron a nosa Ria, manifesta que o caso de Reganosa é un caso de corrupción, e que en torno a súa ubicación puido haber irregularidades. Hai que saber que o Grupo Popular está obstaculizando que no informe final do Parlamento Europeo se recolla a realidade do que acontece na Ria de Ferrol e en particular a ameaza de Reganosa e os efectos perniciosos sobre a Ría:

https://docs.google.com/file/d/0B5Gwc-gBZgsuajhHSGFIeXJKQnM/edit?usp=sharing

Engádese tamén COMUNICADO do CCE dando resposta a unhas declaracións do Presidente de Reganosa:

Resposta do CCE ao Pte. Reganosa

1º A Planta de Reganosa dende a entrada en funcionamento no 2007, nunca superou o 40% da súa capacidade de produción, a pesares diso os promotores de Reganosa e a Xunta do Sr, Feijoo viñeron reclamando nestes últimos anos a necesidade de case triplicar a capacidade de regasificación. 

A realidade ven a demostrar o engano dos promotores de Reganosa para xustificar a súa construcción e acadar a Autorización de Construcción. Os promotores alegaron que tiñan comprometido o 80% da súa produción cos ciclos combinados de As Pontes e Sabón. Os Ciclos Combinados dende a súa posta en marcha cando non están parados apenas chegan ao 20% de funcionamento e o subministro de Reganosa ós ciclos e do 4%.

Quere isto dicir que a realidade está moi lonxe das optimistas afirmacións do presidente de Reganosa. A empresa é innecesaria. Lonxe de ser impulsora da economía, constitúe un pesado lastre que só nos custa diñeiro aos contribuíntes pola lei de retribucións do sistema gasista pola que todos estamos obrigados a devolver o diñeiro do investimento. As lixeirezas nas aprobacións de investimentos millonarios, pagámolas todos a través das sucesivas subidas dos recibos do gas e da luz. Tamén os innecesarios e infrautilizados ciclos combinados foron promovidos polos socios para xustificar a construción de Reganosa.

Defínese como Mínimo Técnico, o nivel de produción mínimo necesario que permita recuperar o gas xerado por boil-off (BOG), en calquera circunstancia de operación, á vez que mantén en frío todas as instalacións, e garante o 100% de dispoñibilidade inmediata do resto dos equipos en condicións de seguridade de funcionamento estable. Como o mínimo técnico para Reganosa está calculado, polas características das súas instalación, en 60 GWh/día e a media de produción do ano 2012 foi tan só de 49 GWh/día, quere dicir que o 88 % do tempo está a traballar por baixo do mínimo técnico, coas consecuencias que ten sobre a seguridade das instalacións e o efecto sobre o medio ambiente. (Datos extraídos das páxinas 80 e 62 do informe anual 2012 do xestor do sistema). 

A nova vía de negocio de Reganosa, recarga de gaseiros con destino á exportación, tampouco axuda ao problema de traballar por baixo do mínimo técnico. As operacións de carga e descarga de gaseiros xera mais gas de Boil-off, que logo debe eliminar. Aparte este tráfico implica aumentar o número de operacións de entrada e saída de gaseros cargados. No 2012 foron 12 recargas e 37 postas en frío, o que supón que un 19 % da produción total anual realmente inxectada ao gasoduto.



Como xa dixemos no ano 2002 o Comité Cidadán de Emerxencia e algún membro da CNE (Comisión Nacional de la Energía) como o Sr. Unda, os gasoductos teñen a capacidade suficiente para subministrar gas ós ciclos combinados. A planta de Reganosa é innecesaria, unicamente xustifican a súa escasa produción porque teñen pechada a entrada de gas por gasoducto como viña sucedendo hasta o 2007.

2º. Reganosa é unha instalación ilegal trala sentencia inapelable do Tribunal Supremo do mes de maio de 2102. O proxecto Reganosa carece de Declaración de Impacto Ambiental, incumpre toda lexislación europea e española de seguridade. A recente sentencia do TSJ de Madrid anulando a licencia de construcción da Planta de gas do Musel en Xixón por incumprimento do RAMNIP ( Reglamento de Actividades Molestas, Nocivas y Peligrosas) que esixe unha distancia maior de 2000 m aos núcleos de poboación.- e mostra diso. Reganosa está situada a 100 m das vivendas do núcleo de Meha, a 800 m do Arsenal Militar, a 1500 de Ferrol, a 900 m do nucleo urbano de Mugardos. Os gaseiros cargados con GNL non poden cumplimentar a normativa de emerxencia etc.. Reganosa é unha bomba no corazón da ría que ameaza a poboación de Ferrolterra.

3º Reganosa ven destruíndo o ecosistema da Ria. A planta de gas de Reganosa pode captar ata 300.000 tons. diarias de auga para ser utilizadas no proceso de regasificación, que son esterilizadas utilizando lixivia e posteriormente vertidas para o mar contaminadas e cun salto térmico de – 6º centígrados. Reganosa non ten autorización para utilizar este modelo de regasisficación. Se o dano producido ata agora non se percibe facilmente como tal, é precisamente grazas á baixa produción da planta que, por tanto, utiliza menos auga que a autorizada.

4º Reganosa atenta directamente contra o medioambiente acelerando o efecto invernadoiro. Segundo a declaración de efectos ambientais (DOG nº 217 de 7 novembro de 2003), no caso de sobre-presión nos tanques, liberarase o gas mediante chemineas de escape de gases de emerxencia que quentarán este gas co fin de que a dispersión sexa rápida. A axencia ambiental Americana EPA clasifica os gases de efecto invernadoiro asignando un valor de 1 ao efecto do CO2. Con esta base o metano ten un potencial 21 veces maior que o CO2.

5º Reganosa é un proceso continuado de corrupción, forma parte da burbulla enerxética que conta coa complicidade dos diferentes chanzos da administración.

A Xunta de Galicia, que aínda tenta, a través do Grupo do PP no Parlamento europeo, impedir que o informe da Delegación que nos visitou en febreiro recolla a realidade dunha instalación perigosa e destrutiva do ecosistema da Ria . A Xunta de Galicia participa no accionariado de Reganosa, unha empresa privada que explota una instalación ilegal e sumamente perigosa, que saquea os recursos cidadáns, a través do aumento das tarifas eléctricas e do gas e que mantén no seu Consello de Administración a persoeiros como José Luís Méndez, ex director de Caixa Galicia, responsable do seu crack e que se levou millóns de euros. 



Por todas estas razóns, o CCE esixe o Peche Xa!

Ferrol a 17-10-2013