Asociación Cultural Fuco Buxán

Falecemento de Paco Balón




A Asociación Cultural Fuco Buxán lamenta o falecemento do compañeiro Francisco González Vidal “Paco Balón”, co-fundador do PCG e das Comisións Obreiras que xogou un papel importante na loita clandestina contra a ditadura e polos dereitos democráticos, e que nos deixa un valioso exemplo de compromiso e de dignidade para seguir traballando en prol da consecución desa sociedade socialista á que aspiramos na que se consolide a democracia, a liberdade e os dereitos básicos de toda a cidadanía.

Para a súa familia, compañeiras e compañeiros, a nosa solidariedade.

Paco Balón: A loita continúa !




A+ | a-

Séguenos no Twitter