Saltar ao contido principal

Convocatoria concentracións contra as “revalidas” da LOMCE - 10/05/2016

Divulgamos o seguinte comunicado que nos fan chegar dende FEANPAS,  a Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra:


O vindeiro mércores día 11 os centros educativos galegos de primaria comezarán as probas de reválida de fin de ciclo impostas pola a “moribunda” LOMCE. 

A pesares do amplo rexeitamento destas probas, manifestado por todos os sectores da comunidade educativa galega, a Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galiza IMPÓN aos centros educativos a súa realización, coa clara intención de implantar a LOMCE seguindo a folla de ruta establecida dende Madrid por un Goberno en funcións. Por todas as razóns amplamente expostas durante estas semanas e xa coñecidas por todas/os, na Federación Comarcal de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra e na Confederación ANPAS GALEGAS, consideramos que a realización das reválidas so traerá prexuízos as nosas fillas e fillos. 

Por iso, imos amosar publicamente o total rexeitamento da comunidade educativa á LOMCE e ás excluíntes REVÁLIDAS, e con ese obxectivo CONVOCAMOS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A PARTICIPAR NUNHA CONCENTRACIÓN que se celebrará o MARTES DÍA DEZ (10) ÁS 20:00 HORAS DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALIZA NA PRAZA DE ESPAÑA DE FERROL, invitación que lles estendemos tamén a vostedes. Desexando contar coa vosa presenza nese acto , recibide un cordial saúdo.


O Presidente da FEANPAs,
Javier Sánchez García

Agradecemos a difusión deste comunicado, e convidamos a toda a xente a participar nesta convocatoria.