Saltar ao contido principal

14 de abril: manifestación do Sindicato de Estudantes

Os vindeiros 13 e 14 de abril hai convocada unha folga de estudantes a nivel estatal para protestar por un ensino público digno e de calidade, e contra a LOMCE e o 3+2 en ensinanzas universitarias.
Por este motivo, o Sindicato de Estudantes convoca para o próximo xoves 14 de abril unha manifestación en Ferrol que partirá da Praza de Amada García (fronte o edificio da Xunta) ás 12:00h.

Podedes atopar máis información nas imaxes axuntas. Rógase a súa difusión.