Asociación Cultural Fuco Buxán

Presentación do libro Le Temps des Cerises (Ángel Cardín)

 
Presentación do libro de Angel Cardín :
Le Temps des cerises 
( a vida na prisión naval de Ferrol do caudillo 1968- 69-70 ) “

Venres, 15 de setembro de 2017 ás 20 h.
Editado por Fundación 10 de marzo .
O libro leva Prólogo do historiador José Alvarez Junco 
(un dos máis respectados de España)

Ademais do autor, que comentará unha ducia de diapositivas referentes ao tema, contaremos ca presenza de Rafael Pillado, sindicalista fundamental naqueles difíciles momentos ; de Xan María Castro, veterano sindicalista e Presidente da Fundación 10 de marzo, e de Juan Sotres, economista madrileño, que estivo na Prisión de Caranza na dura época que narra o libro .


O libro non son unhas memorias nin unha novela senón un relato-testemuño ( baseado en papeis da época) da vida na Prisión Militar de Caranza para mariñeiros do Norte de España, nos finais do franquismo, repasando os diferentes presos, de onde veñen e como os xulgan; a dureza da estancia na prisión ( con oito horas de traballo, vixilancia exterior armada e interior por parte de sarxentos da Mariña, mala alimentación e castigos durísimos; sen prensa nin radio, poucas visitas e correo censurado de entrada e saída ) . Pero en certa medida, os protagonistas son Ferrol e a Xustiza Militar, pois se fala tamén da Construción Naval e os seus problemas, da Ría e a súa dedicación á Mariña, dos sucesos do 10 de marzo de 1972 e do papel da Prisión de Caranza nos mesmos; tamén de presos coñecidos que pasaron despois por alí como Miláns do Bosch. Un último capítulo, de posta ao día 47 anos despois, tenta un repaso da traxectoria dalgúns presos e de valorar a evolución da Xustiza Militar que presenta moitas lagoas, despois de 40 anos de democracia .
A+ | a-

Séguenos no Twitter