Saltar ao contido principal

IX "Conspirando por umha Rádio Livre"

 

Este xoves 13 de abril, podes celebrar co Colectivo Opaii a novena edición do "Conspirando por unma Rádio Livre" e contribuír á autogestiom da Rádio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos acudindo á Sesiom Vermú no Ateneo Ferrolán ás 12:00 horas do xoves 13 de abril coa actuación de Eugenia Sanmartín e as súas músicas de Brasil e outras terras. Xa á noite, a partir das 10h., na sala Super8, poderedes gozar do Clásico concerto "Conspirando por unma Rádio Livre" coas actuacións do grupo de "música Surf" KANALOAS e o de "Rap&Roll" SOKRAM. Lembra, este xoves 13 de abril, toca conspirar por unha Radio Libre, a Rádio FilispiM.