O Ensino e a Xuventude
A A.C Fuco Buxán amosa o seu total apoio ao Ensino Público Galego e á Universidade Pública Galega ante os salvaxes recortes, agresións e ataques levados a cabo polo Conselleiro de Ensino Xesus Vázquez e polo goberno de Feijoo e do PP da Xunta de Galicia.
Denunciamos que o goberno de Feijoo e do PP desde a súa chegada ao goberno da Xunta de Galicia no ano 2009 recortou uns 86 millons de euros á financiación das Universidades Públicas Galegas e como denuncian os seus reitores o goberno de Feijoo está levando a cabo un ataque sistemático contra as Universidades Públicas Galegas asfixiándoas economicamente e levándoas a unha situación de emerxencia social e de total abandono por parte das Administracións Públicas. Cremos que estes salvaxes recortes son profundamente ideoloxicos, clasistas e neoliberais, pois rachan a igualdade de oportunidades, converten as Universidades nun coto privado so accesíbel aos ricos, mercantilizan o Ensino, expulsan das Universidades Publicas ao alumnado con menos recursos económicos co salvaxe recorte das becas e a subida brutal das tasas universitarias, converten o Ensino nun negocio e nun privilexio pra unha minoría e buscan que o Capital Privado faga negocio nas Universidades Publicas Galegas. Tamén denunciamos o recorte dos fondos públicos destinados ao Ensino Público e as Universidades Públicas Galegas que vai destinado a incrementar os beneficios do Ensino Privado e Concertado Galego.
Desde a A.C. Fuco Buxan defendemos e seguiremos defendendo un Ensino Público Galego, gratuito, universal, de calidade, científico, democrático, de todos/as e pra todos/as. Un Ensino Publico Galego que defenda o noso idioma galego, que fomente o pensamento crítico, o progreso e benestar social de toda a ciudadanía, a igualdade de oportunidades, os valores democráticos,o respecto aos Dereitos Humanos e a igualdade de dereitos entre persoas, pobos e países.
Celso Posada Fernández
Área de Ensino e Xuventude.
- Área de Cultura e Comunicación
- A.C. Fuco Buxán
- Área de Movemento Obreiro e cidadán
- Comité Cidadán de Emerxencia
- Área de Benestar Social
- Reganosa
- Ateneo Ferrolán
- Área de Medio Ambiente
- RadioFilispiM
- Área de Inmigración
- Área da Muller
- Poesía
- Radio
- A Nosa Biblioteca
- Dereitos
- Concello de Ferrol
- Foro Galego Inmigración
- Inmigrantes
- Memoria Histórica
- Solidariedade
- Xustiza
- Crise
- Convocatorias
- Desafiuzamentos
- Marcha Mundial das Mulleres
- Mesa Debate
- Dereitos e liberdades
- Entrada Gaseiro
- Educación
- Sanidade
- Rede de Apoio Mutuo
- Xunta de Galicia
- Violencia de Xénero
- Galería Sargadelos
- Concello
- Cultura
- A Coruña
- Exposición
- Cooperación
- Accións
- Asociación Memoria Histórica Democrática
- Falecementos
- Navantia
- Razón Socialista
- Asemblea
- Comunicados
- Tribunal Supremo
- Área de Xuventude
- Ártabra 21
- Plataforma Remunicipalización
- Plataforma Sanidade
- STOP-DESAFIUZAMENTOS
- 10 de Marzo
- Campus Esteiro
- Ciclo [Democracia e Compromiso]
- Contaminación
- Encontro Social de FerrolTerra
- Marcha Mundial das Mulleres Ferrolterra
- Plataforma Queremos Galego
- SOS Sanidade
- Stop Desafiuzamentos
- ADEGA
- Reivindicacións
- Activismo
- Centro Culrural Carvalho Calero
- Servizos Públicos
- AGAMME
- Apoio
- Asociacións Ferrol
- Carmelo Teixeiro
- Poesía Salvaxe
- crowdfunding
- Ano Quessada 2016
- Celso Emilio Ferreiro
- 8 de Marzo
- AGAVIDA
- Activismo Social
- Armeria
- Álbum Fotos Fuco
- Ciclo [Ferrolterra presente e futuro]
