Saltar ao contido principal

Presentación do nº40 da Revista de Fuco Buxán e conferencia de Cristina Fallarás - Xoves 27 de abril, 19:30h, C. Torrente Ballester

A A. C. FUCO BUXÁN convídate á próxima presentación do Nº40 de FUCO BUXÁN - a revista, que enmárcase dentro da conferencia “Xornalismo, poder mediático e prensa alternativa” impartida por Cristina Fallarás que terá lugar o o vindeiro xoves 27 de abril ás 19.30h no Centro Cultural Torrente Ballester, na Sala de Proxectos.



Cristina Fallarás Sánchez (Zaragoza, 1968) é periodista (Universidade Autónoma de Barcelona) e escritora. Na súa traxectoria como periodista destaca a súa faceta como directora de diario16.com así como da edición catalana de El Mundo. Tamén, traballou en Cadena Ser, Radio Nacional de España, El Periódico de Cataluña, Antena 3 TV e Telecinco. Actualmente participa no programa Las Mañanas de Cuatro e podemos ler os seus artigos no diario dixital ctxt.es.

Como escritora, cabe destacar a obra ‘Las niñas perdidas’, pola cal foi galardonada co Premio de Novela Negra L'H Confidencial 2011 e Premio Hammett 2012 (Semana Negra de Gijón), convertíndose con este último na primeira muller en recibilo en toda a historia do galardón.