Saltar ao contido principal

Audio e Resume Fotográfico da Presentación do libro "Código Rojo" de Luís Gonzalo Segura

Acto organizado dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso] o pasado xoves 17 de marzo no local da SGHN, antiga casa do Coronel. Presentación do libro “Código Rojo” de Luís Gonzalo Segura, coa presenza de Xurxo Miguel Gago Chao (ex militar - secretario da A. C. Fuco Buxán) e Victor G. Novás (directivo da A. C. Fuco Buxán, responsable da área encontros coa información). Reportaxe Fotográfico: https://www.dropbox.com/sh/t8inafvb3a9ytyb/AAACYJirrudajdaylZ2jR1Iea?dl=0

Luís Gonzalo Segura de Oro-Pulido (Madrid, 19 de maio de 1977) ex tenente do exército de terra, autor das novelas “Un paso al frente” e “Código Rojo”. Columnista do Diario Público.
A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do Ciclo DEMOCRACIA E COMPROMISO que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá. A Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou o Ciclo, que baixo o título xenérico, DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.
Vindeiros Actos do Ciclo [Democracia e Compromiso]:

Manuela Carmena Castrillo (Madrid, 9 de febreiro de 1944) é xurista, xuíz emérita e política española, alcaldesa de Madrid desde o 13 de xuño de 2015. Presentación do seu libro Por Qué Las Cosas Pueden Ser Diferentes (Reflexiones de una jueza) e posterior conferencia o sábado 02 de abril ás 12:00 horas no Centro Cívico de Caranza Ferrol.

Antón Losada Trabada (Jove, 1966)  periodista, escritor, tertulián e político, conferencia o xoves 21 de abril ás 20:00 horas no Ateneo Ferrolán.

Prégase e agradécese difusión!

 [CICLO DEMOCRACIA E COMPROMISO]
 Asociación Cultural Fuco Buxán