Na seguinte ligazón podes visualizar un pequeno resume fotográfico do acto de Inauguración da rúa Julio Aneiros, Socio de Honra da nosa A. C. Fuco Buxán:
https://www.dropbox.com/sh/rr7uwzvwxyck8f8/AAA1uTq_h08YO-sfQXwVFnM9a?dl=0
==============================================
Nova no Diario de Ferrol
Suárez entrega ós fillos de Aneiros unha réplica da placa
Nova no Diario de Ferrol
Suárez entrega ós fillos de Aneiros unha réplica da placa
O sindicalista Julio Aneiros, falecido en xaneiro de 2006 ós 89 anos, ten unha rúa en Valdoviño desde xuño dese mesmo ano e en Ferrol desde febreiro de 2011. Transcorre paralela ás Pías, na parte sen edificar do polígono do Bertón, e alí hai desde onte un monolito que lembra a este histórico líder sindical, detido en varias ocasións, ferido no tórax en marzo do 72 e procesado despois como instigador da protesta. Os seus fillos, Julio e Germán, asistiron onte ao agarimoso homenaxe que desta maneira lle brindou o Concello de Ferrol, coa presenza de destacados líderes de Comisións Obreiras, como o seu secretario xeral, o ferrolán Ignacio Fernández Toxo.

Memoria
O alcalde, Jorge Suárez, lembrou ós sindicalistas históricos que desde Ferrol prenderon a loita contra o franquismo. “Hai moitas figuras que están no esquecemento e das que temos que aprender para que as vindeiras xeracións coñezan o seu exemplo e como a cambio de nada loitaron e conseguiron aglutinar a todo o movemento obreiro”. Reclamou esa unidade para xuntar “a tódalas forzas da esquerda nun único movemento sociopolítico”.
Aneiros, Riobo, Paco Filgueiras, Sari Alabau, Fina Varela, Fina Piñón, Manuela Valcárcel, Amor Deus, Pillado son algúns dos nomes que lembraba Jorge Suárez para reivindicar a memoria de homes e mulleres “que con familia e con risco de perder o máis básico afrontaron unha loita colectiva que puxo a Ferrol no eixo do anhelo da democracia contra a ditadura.
Fonte: http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/julio-aneiros-fillo-meu-pai-debe-ser-referente-vindeiras-xeracions/20160310233539148559.html