Saltar ao contido principal

Presentación do libro “Código Rojo” de Luís Gonzalo Segura


Dende a xunta directiva da A.C. Fuco Buxán queremos convidarvos ao vindeiro acto que a nosa asociación organiza dentro do Ciclo Democracia e Compromiso: 

Presentación do libro “Código Rojo” de Luís Gonzalo Segura, coa presenza de Xurxo Miguel Gago Chao (ex militar - secretario da A. C. Fuco Buxán) e Victor G. Novás (directivo da A. C. Fuco Buxán, responsable da área encontros coa información) o xoves 17 de marzo ás 19:30 horas no local da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) na praza de Canido s/n, antiga casa do Coronel, Ferrol.

Luís Gonzalo Segura de Oro-Pulido (Madrid, 19 de maio de 1977) ex tenente do exército de terra, autor das novelas “Un paso al frente” e “Código Rojo”. Columnista do Diario Público.

A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do ciclo DEMOCRACIA E COMPROMISO que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá.

A Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou o Ciclo, que baixo o título xenérico, DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.

Vindeiros Actos:

Jose María de Mena Álvarez (Villarcayo, 1936) é un xurista español, membro dunha familia de xuristas, ex fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña. Autor do libro De oficio, fiscal (2010). [Pendente de confirmar data e lugar].

Manuela Carmena Castrillo (Madrid, 9 de febreiro de 1944) é xurista, xuíz emérita e política española, alcaldesa de Madrid desde o 13 de xuño de 2015. Presentación do seu libro Por Qué Las Cosas Pueden Ser Diferentes (Reflexiones de una jueza) e posterior conferencia o sábado 02 de abril ás 12:00 horas no Centro Cívico de Caranza Ferrol.


Prégase e agradécese difusión!


 [CICLO DEMOCRACIA E COMPROMISO]
 Asociación Cultural Fuco Buxán