Xornada
Da Risga á Renda Básica das Iguais
Compostela, 2 de abril
As
xentes de Baladre e da ODS-Coia deixamos a un lado os termos difusos
(progreso, reformismo, benestar, ....) para abordar propostas concretas
que garantan o dereito a unha vida digna e contribúan a procesos de
transformación radicais.
Para iso organizamos unha xornada de reflexión e debate nas que partiremos dunha radiografía do actual cenario do capitalismo depredador (da mán de Josep Manel Busqueta, Seminari de Economía Crítica Taifa/CUP), examinando o papel que xoga a pobreza (con Albert Sales, sociólogo e profesor da Universidade Pompeu Fabra) e as consecuencias desta para aquelas persoas que se atopan nas posicións de maior vulnerabilidade e exclusión, poñendo o foco na situación das mulleres (con Leticia Castro, educadora social).
O contraste faremolo con propostas que xorden desde a economía social (a cargo de Clara Griera, Cooperativa L'Olivera) e da loita polos dereitos sociais e polo reparto da riqueza (da mán de Manolo S. Bayona/Baladre, Beatriz Lorenzo/ODS-Coia, Ruth López/Punto de Información Erletxea- Irún).
Unha
loita que pasa por informar, visibilizar e denunciar. Mas tamén por
desconstruir o empobrecemento como un fracaso individual e por crear
vínculos políticos desde os que arrancar o dereito a vivir dignamente.
A cita será Gentalha do Pichel (R/ Santa Clara, 21) a partir das 10:00hs.
Axuntamos
cartaz coa programación completa e agradecemos difusión. Pregamos
confirmación de asistencia para mellor organización da xornada,
indicando se vos quedades a xantar, no email: odscoia@riseup.net