Neste
espazo, de gran contido informativo, dáse a coñecer o desenvolvemento
da industria naval en España, especialmente en Ferrol, así como o papel
xogado polos seus estaleiros desde o século XVIII ata o século XX,
reflectindo a realidade desta industria, que chegou a posibilitar o
emprego a 12.000 traballadores. O documental, producido por Zaza
Ceballos e dirixido por Rogelio Abraldes, contou coa colaboración de
cualificados profesionais tanto do mundo
académico e historiográfico coma do campo da enxeñería naval, asi como
representantes do eido laboral.
As distintas etapas dun dos estaleiros que durante séculos situou á
cidade de Ferrol na vangarda mundial e punto estratéxico creador de
riqueza en España.
Ficha técnica
Produtora / Televisión de Galicia (TVG) / Zénit Televisión, S.A.
Subvención ou axuda pública / Agadic / Concello de Ferrol
Titulo orixinal: O milagre de Ferrol. Unha historia da construción naval
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Coprodución
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2012
Idioma V.O.: Galego