Saltar ao contido principal

Resumo xuntanza convocada polo Foro Galego de Inmigración.



RESUMO DA XUNTANZA DO 30/03/2016 SOBRE TEMA DAS PERSOAS REFUXIADAS, CONVOCADA POLO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN MÁIS A COORDENADORA GALEGA DE ONGs  en Santiago de Compostela.

Houbo unha alta participación, bastantes representantes de asociacións e entidades convocadas por nós e pola Coordenadora de ONGs, con presenza de persoas que viñeron de A Coruña, Ferrol e Monforte.
Acordamos:

1.- Chamarnos: REDE GALEGA EN DEFENSA DAS PERSOAS REFUXIADAS, se non hai inconvinte por parte das organizacións, enrtidades ou redes ás que representabamos. Cunha imaxe de rede que vai propoñer Stop Desafiuzamentos. A rede estará aberta a asociacións, entidades, sindicatos, partidos políticos, redes e movementos sociais ademáis de persoas individuais
2.- Propoñer un documento base que recolla o posicionamento desta Rede, tomando como referencia un elaborado pola Coordenadora, que remitiranos hoxe xoves día 31 e reenviaremos en canto chegue para poder facer aportacións ata o luns día 4 de Abril.

3.- Propoñer como primeira acción importante a desenvolver, unha Manifestación Nacional Galega a celebrar o domingo día 24 de Abril en Compostela con saída dende a Alameda e percorrido polas rúas das cidade pola que adoitan transcorrer as manifestacións “importantes”, para rematar na Praza da Quintana ou Praterías. RESERVADE XA ESA DATA. O lema da mesma en relación co documento base, sobre unha proposta inicial, haberá prazo de aportacións e suxestións ata o luns día 4 de abril. Tamén de forma complementaria falamos doutras accións, como mesas informativas na rúa en días anteriores, faixas co lema da Mani para poñer nos concellos, entre outras.

4.- CELEBRAR UNHA NOVA XUNTANZA O VINDEIRO MÉRCORES.

DÍA 6 DE ABRIL ÁS 19:00 H no mesmo CENTRO SOCIAL DE FONTIÑAS para a preparación da Manifestación. Nesta Xuntanza debemos tentar convocar xa ao máximo posible de entidades, asociacións, grupos, persoas,  etc, polo que DIFUNDIDE A CONVOCATORIA DA XUNTANZA O MÁXIMO POSIBLE NAS VOSAS REDES. 

Podes compartir este documento e facer a túas suxestións de prazo límite até o luns 4 de abril. Anímate a facer a túa achega, entre todos daremos forma a un documento social e necesario. 

https://docs.google.com/document/d/1LhI0RACpdNUDnVy3xGyFEAsEWWNehA4KwbsIqjAiliA/edit?ts=56fd4826
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com