Saltar ao contido principal

Apoio e Solidariedade con Francisco José Martínez Rodríguez- TXUTE.

A A. C. Fuco Buxán súmase ao apoio e solidarízase co activista social Francisco José Martínez Rodríguez. Así mesmo, difundimos escrito recibido onde se expoñen os feitos polos que será xulgado e animámosvos a acudir á convocatoria de Concentración de Apoio o 14 de marzo ás 09:00 horas fronte aos xulgados de Ferrol:

Compañeiros / compañeiras:

O vindeiro día 14 de marzo, será xulgado ás dez horas ao compañeiro Francisco José Martínez Rodríguez- TXUTE.

Os feitos remítense ao 29 de marzo do 2012, día da Folga Xeral contra a reforma laboral do PP.

Como lembraredes moit@s un individuo abalanzou-se co seu vehículo contra a manifestación da CIG cando percorría as rúas de Ferrol. Unha persoa Patricia López Dafonte sufriu feridas de consideración. O mencionado individuo adiantou a dous coches que o precedían e  subindo-se ao paseo intentou pasar a todo custo por entre a manifestación que discurria pola rúa con moita Asistencia. O cabreo dos manifestantes foi maiúsculo, como é comprensible e houbo xente que se abalanzarou sobre o coche. Este home manifestou na súa declaración que foi o feito de levar unha bandeira do Reino de España o que motivou tal actitude que os manifestantes se botaran por riba do seu coche, cando a xente botárase contra el pola súa actitude contra eles. Este home, ao parecer traballa como funcionario militar do goberno de España. A compañeira Patricia chegou con el a un acordo económico. A TXUTE tamén se lle ofreceu un acordo no cal admitía a culpa e pagaba unha cantidade, pero el non aceptou de xeito totalmemte correcto pois non é agresor senón vítima. Como é lóxico remexe-se-lle a conciencia ao ter que idemnizar a un agresor deste calibre, o que non se entende é como este individuo do coche non foi acusado de delitos maiores que os de tráfico, tanto polas persoas, como policía municipal ou polos organizadores da manifestación.

Quen vai ser xulgado é TXUTE, compañeiro da CIG, daquela do grupo de desempregad@s, e agora mariscador a pé da ría de Ferrol. Como podedes ver no vídeo que acompaño é un máis dos que defenden a manifestación e indignan co feito. As imaxes que serven de acusación estam moi ben escollidas polo feito de ver-se cando o coche retrocede e cando a xente bate nel, pero non antes cando adianta a dous coches que estam antes (unha delas da compañeira Saria Alabau, coñecida de todas polo seu gran compromiso Coa causa obreira e progresista en xeral). Non creo sexa casualidade.

Tampouco creo sexa casalidade que sexa TXUTE o acusado (por certo non foi identificado in situ). Txute é un independentista coñecido, ao que só a prohibición da A.N. o ten sen militancia política neste momento, persoa sempre solidaria e consecuente. Recentemente levou dúas tundas moi serias, unha por parte da policía nun conflito de marisqueo e outra por uns fascistas agochados no mundo futboleiro.

O compañeiro TXUTE necesita solidariedade e arroupe, tanto das organizacións comezando, pola CIG, o sindicato, como das persoas. Cando se fala de unidade temos que matinar que aquí está a máis grande delas. A solidariedade e defensa dos nosos, da clase obreira, dos diversos irmáns de sempre. Pídenlle dous anos de multa por danos e máis de 5000 € para arranxo do coche do atacante motorizado.

É simplemente alucinante!

Hai unha concentración convocada diante do xulgado para o 14 de marzo ás 9:30. Acudide! Unha concentración para arroupar ao compañeiro Francisco José Martínez Rodríguez- TXUTE. Tamén hai outras formas de solidariedade, a primeira falar con el, a segunda publicitar o feito polos medios que poidades e a terceira estar atent@s a outras medidas que se poidan aplicar e apoialas.

XUSTIZA!