Foi organizado polo Grupo de Mulleres de Fuco Buxán, “Encontros para o diálogo”, celebrouse o xoves 4 de Outubro, no Local de Fuco Buxán, na rúa Armada Española, 32 baixo Caranza - Ferrol
As relatoras foron: Mª Xesús Boo, Yolanda Diaz, Susana Martinez, Beatriz Sestayo. E moderaron: Lucia Vizoso e Mª Victoria Fernández, directivas da Asociación.
Mª Xesús Boo Feijóo, é docente, militante de movementos ecopacifistas, de Espazo Ecosocialista Galego e candidata por Ourense ao Parlamento de Galicia na lista de Alternativa Galega de Esquerdas.
Yolanda Díaz Pérez, é avogada, portavoz do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Ferrol, Coordinadora da súa formación en Galicia e candidata por A Coruña ao Parlamento de Galicia na lista de Alternativa Galega de Esquerdas.
Susana Martínez Gadós, é avogada, e 2ª Tenente de Alcalde do Concello de Ferrol, polo Grupo do Partido Popular. Beatriz Sestayo Doce, é avogada, Secretaria Xeral da Agrupación Local e membro da Executiva Galega do PS de G. PSOE, Foi Deputada autonómica na pasada lexislatura e foi candidata por A Coruña nas pasadas eleccións.

Fieis á idea de que a situación actual é complexa, de que as respostas han
ser complexas e, para iso, tamén han selo as preguntas, o obxectivo
deste ciclo de conferencias é expor algúns elementos para a reflexión ao
redor dunha visión ampla, non só da crise, senón tamén de todo o
contexto actual e de tres décadas de aplicación de políticas
neoliberais.
Toda esta situación de recortes, de perdas, de sensación de caos, crea
espazos de incerteza, onde se xoga cunha información incompleta e coas
emocións a flor de pel.
Nestes catro anos, en Galicia, as mulleres retrocedemos en dereitos que xa
tiñamos conquistadas, volvendo a iniciativas lexislativas de épocas
pre-democráticas, fomentadas por grupos de ideoloxía de ultradereita.
Os procedementos que utilizamos as persoas para tomar decisións e o
mecanismo que se activan constitúen un espazo que necesita un marco que
poida conter esta sensación de abismo inmediato.
Dende a asociación Fuco Buxán, o grupo de mulleres, queremos ofrecer uns tempos e uns espazos para a reflexión os encontros…..e os diálogos…… aos cales estades invitadas/os a participar a cantos se organicen.