Artigo 15M da A.C. Fuco Buxán
O próximo día 15 cúmprense seis anos do 15 M, aquel día onde unha boa parte da cidadanía decidira mobilizarse contra a política de austeridade que levaba, e segue a levar, cara á perda e aos recorte de dereitos sociais e económicos, fora un movemento que ocupou pacificamente as prazas públicas das cidades. A acampada na porta do Sol convertérase no centro de referencia de protestas e reivindicacións. Non foran os partidos políticos, nin os sindicatos, quen tomou a iniciativa foi unha parte da sociedade que con gran participación de mozas e mozos decidiu rebelarse fronte ao modelo político e económico.
En España, a crise ten unha característica propia, un crecemento económico baseado na construción, e se crea unha burbulla inmobiliaria. Todo o solo é urbanizable, como dicía o autor da milagre económica, o ministro Rodrigo Rato. Bancos e Caixas incentivaron a concesión de créditos hipotecarios. Como consecuencia da creba do sistema bancario, daquela o Estado inxectou diñeiro en Bancos e Caixas de Aforro e apareceu o consecuente déficit público.
Os gobernos supeditados aos intereses económicos cederon ás súas esixencias de reducir o gasto público, e impúxose a política de austeridade. O goberno de ZP deu inicio a esta política con recortes de salarios aos funcionarios, e no seu goberno xorde a Lei de pensións e a reforma laboral, orixe da situación actual do partido socialista.
Pasaron seis anos do 15 M, e pódese dicir que existe un antes e despois daquela data, o fin do bipartidismo, “non nos representan”, e a aparición de novas forzas políticas no parlamento como Podemos, En Marea, Compromís. Que cidades como Madrid, Barcelona, Valencia e Cádiz estean gobernadas por forzas políticas novas é un cambio moi significativo.
Organizáronse movementos como as mareas brancas e verdes en defensa da sanidade e da educación pública, e as plataformas contra os desafiuzamentos, etc.
O feito de que Mariano Rajoy sexa o presidente dun goberno involucionista e dun partido cunha metástase de corrupción tennos que facer reflexionar a unha parte da sociedade. A verdadeira razón de Estado é botar ao PP do goberno.
O 15 M foi un acontecemento que permanecerá na memoria, pero se algo aprendemos é que non se pode desistir.
As razóns de Estado que esgrimen e esgrimían para aplicaren estas políticas son motivo para INDIGNARSE, como nos dicía Stéphane Hessel no seu chamamento, comprometerse, indignarse e resistir aquilo inaceptable. Todos, debermos velar por unha sociedade xusta da que nos sentir orgullosos: E non esa sociedade de sen papeis, de expulsións, de receo cara aos inmigrantes; non á sociedade que pon en dúbida a xubilación, o dereito á seguridade social; non a esa sociedade onde os medios de comunicación están nas mans de xente podente. Os responsables da crise dan ordes aos gobernos democráticos e lles din que non pode garantir os custos destas medidas cidadás, e estes gobernos democráticos acatan e actúan como se fosen os seus empregados. O interese xeral debera primar ante o particular, deberase dar unha repartición xusta das riquezas creadas polo mundo do traballo, unhas riquezas moi mal xestionadas e repartidas polo poder económico. Deberase camiñar cara a unha verdadeira democracia económica e social.
- Área de Cultura e Comunicación
- A.C. Fuco Buxán
- Área de Movemento Obreiro e cidadán
- Comité Cidadán de Emerxencia
- Área de Benestar Social
- Reganosa
- Ateneo Ferrolán
- Área de Medio Ambiente
- RadioFilispiM
- Área de Inmigración
- Área da Muller
- Poesía
- Radio
- A Nosa Biblioteca
- Dereitos
- Concello de Ferrol
- Foro Galego Inmigración
- Inmigrantes
- Memoria Histórica
- Solidariedade
- Xustiza
- Crise
- Convocatorias
- Desafiuzamentos
- Marcha Mundial das Mulleres
- Mesa Debate
- Dereitos e liberdades
- Entrada Gaseiro
- Educación
- Sanidade
- Rede de Apoio Mutuo
- Xunta de Galicia
- Violencia de Xénero
- Galería Sargadelos
- Concello
- Cultura
- A Coruña
- Exposición
- Cooperación
- Accións
- Asociación Memoria Histórica Democrática
- Falecementos
- Navantia
- Razón Socialista
- Asemblea
- Comunicados
- Tribunal Supremo
- Área de Xuventude
- Ártabra 21
- Plataforma Remunicipalización
- Plataforma Sanidade
- STOP-DESAFIUZAMENTOS
- 10 de Marzo
- Campus Esteiro
- Ciclo [Democracia e Compromiso]
- Contaminación
- Encontro Social de FerrolTerra
- Marcha Mundial das Mulleres Ferrolterra
- Plataforma Queremos Galego
- SOS Sanidade
- Stop Desafiuzamentos
- ADEGA
- Reivindicacións
- Activismo
- Centro Culrural Carvalho Calero
- Servizos Públicos
- AGAMME
- Apoio
- Asociacións Ferrol
- Carmelo Teixeiro
- Poesía Salvaxe
- crowdfunding
- Ano Quessada 2016
- Celso Emilio Ferreiro
- 8 de Marzo
- AGAVIDA
- Activismo Social
- Armeria
- Álbum Fotos Fuco
- Ciclo [Ferrolterra presente e futuro]
