Saltar ao contido principal

"Poñámoslle cara á Violencia que non se quere ver."


O vindeiro día 25 de novembro celebrarase o Día Internacional Contra a Violencia Machista polo que a Marcha Mundial das Mulleres convoca unha xuntanza ás 12:00 Horas na Praza de Galicia en Narón.


"Poñámoslle cara á violencia
 que non se quere ver"

Todos e todas debemos poñerlle freo á violencia machista que empobrece a nosa sociedade. Os malos tratos non son un asunto privado, é un problema social que se combate coa TOLERANCIA CERO ante calquera comportamento machista.


Para máis información: http://feminismo.info