Saltar ao contido principal

O maltrato ao Ateneo por parte do Concello de Ferrol





O Ateneo Ferrolán ven de recibir o día 11, unha comunicación de Patrimonio do Concello de Ferrol na que se nos comunica a resolución que adopta:

A modificación do convenio que corresponde ao Ateneo Ferrolán sobre a cesión de uso do inmoble da rúa Magdalena 202-204 dende hai 30 anos, No ano 2008 e por unanimidade ten a condición de cesión en precario.

O Concello alude que a súa pretensión é reducir o gasto público nos alugueres das entidades AVV Centro e a SAF. É necesaria a reordenación de espazos co fin de reducir o gasto municipal.

Dende o Ateneo Ferrolán seguimos reclamando o uso da nosa sede na súa totalidade, como ate agora (as obras de rehabilitación acometéronse polas inundacións e pola falta de espazo para o noso patrimonio, que é de todos), reclamamos se nos entreguen as chaves, que nós mesmos facilitamos á constructora para o comezo das obras, e así mesmo, a devolución do patrimonio almacenado en 6 containers dende hai máis de 2 anos obrigados para facilitar as obras de rehabilitación.

O argumento de aforro non é tal, ate agora o Ateneo non deu gasto ao Concello xa que o mantemento do edificio: luz, gas, teléfono, ... era cuberto pola entidade e agora o Concello fariase cargo de dito mantemento para tod@s! .... onde estará o aforro?

Segundo a comunicación recibida, temos un prazo de audiencia que utilizaremos para seguir reclamando o que por dereito lle corresponde a esta entidade centenaria e ao seu patrimonio .... que é de Ferrol!

A. C. Fuco Buxán quere amosar o seu apoio ao Ateneo Ferrolán, o que se entende coma un ataque á cultura ferrolá por parte do goberno neoliberal do concello de Ferrol.