Saltar ao contido principal

O vindeiro venres 12 ás 20:00 horas: Conferencia Carlos Jiménez Villarejo ExFiscal Anticorrupción en Ferrol





A Asociación Cultural Fuco Buxán comprácese en convidalo á Conferencia JUECES: LA PRESENCIA DEL FRANQUISMO, que servirá de marco para a presentación do libro titulado: Jueces, pero parciales. La pervivencia del franquismo en el Poder Judicial, de Carlos Jiménez Villarejo y Antonio Doñate Martín. No acto intervirá o propio autor Carlos Jiménez Villarejo, ExFiscal Anticorrupción. 

Venres, 12 de abril 2013, ás 20,00 hs, no Salón de Actos do Carvalho Calero no Inferniño - Ferrol.

Carlos Jiménez Villarejo Fiscal desde 1962, militóu na oposición antifranquista. Foi cofundador en 1972 da Asociación Justicia Democrática, membro da Unión Progresista de Fiscales, por eses anos tamén militóu no PSUC. Foi Fiscal-Jefe da Audiencia Territorial de Barcelona ate 1995, data na que asume a Jefatura da Fiscalía Especial Anticorrupción. No ano 2003, gobernando o PP, foi cesado deste posto por razóns estrictamente políticas. Na actualidade mantén actividades civís no eido da defensa dos dereitos humanos, se ten identificado coa defensa da Lei de Memoria Histórica, tamén de Baltasar Garzón. Villarejo é membro fundador da Plataforma contra la impunidad e colabora con artigos peridísticos e académicos.

“El franquismo y sus fundamentos autoritarios y antidemocráticos continúa estando presente entre nosotros (…) La derecha que gobierna España tiene fijado un horizonte de autoritarismo que irá haciendo efectivo y patente si la reacción social y política no tienen la realidad y la fuerza necesaria para impedirlo (…) La actual deriva autoritaria necesitará, y contará sin duda, de la colaboración del Poder Judicial” (do epílogo do libro)

Agardando poder contar coa súa presenza reciba un cordial saúdo.

Venres, 12 de abril 2013, ás 20,00 hs, no
Salón de Actos do Carvalho Calero no Inferniño - Ferrol.